Neoclasicismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 29:
Dentro deste movemento, atopamo-lo "[[Clasicismo romántico]]", que inda que neoclásico, ten algunhas diferenzas de matices. Acostúmase a confundir ambos pola súa semellanza. Dentro do [[Clasicismo romántico]] atopamos moitos destes arquitectos "neoclásicos", coma [[John Soane]] ou [[Schinkel]].
 
O estilo neoclásico tivo dúas variantes nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Unha é o [[estilo federal]] e xurdiu entre [[1780]] e [[1820]] e foi inspirada na obra de [[Robert Adam]]. Foi moi promovida por [[Thomas Jefferson]], quen consideraba que o neoclásico era o estilo perfecto para representar os ideais republicanos. Dous dos edificios máis notábeis son a Casa do Estado de [[Massachusetts]], en [[Bostón]] ([[1798]]) e o Capitolio, en [[Washington]], baseada na [[Maison Carrée]] de [[Nîmes]]. A outra variante é o estilo neogrego, que floreceu na primeira metade do [[século XIX]].
 
En [[España]] o Neoclásico atópase na Puerta de Alcalá de [[Madrid]], obra do italiano [[Sabatini]] e no [[Museo del Prado]], tamén en [[Madrid]], de [[Juan de Villanueva]]; en [[Santiago de Compostela]] debe destacarse o [[Pazo de Raxoi]], obra do enxeñeiro [[Carlos Lemaur]]. En [[Hispanoamérica]] destacan a Casa da Moeda de [[Santiago de Chile]], o Palacio da Minería e a Fábrica de Cigarros en [[México]] e a igrexa de San Francisco en [[Cali]], [[Colombia]].