George W. Bush: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 38:
 
=== Familia ===
George W. Bush naceu o [[6 de xullo]] de [[1946]] en [[New Haven]], [[Connecticut]]. É o primoxénito do presidente dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] [[George H. W. Bush]] e a súa muller [[Barbara Bush]]. Cando tiña dous anos, a súa familia mudouse a [[Texas]], onde viviron dende entón.
 
=== Estudos ===
Liña 51:
En [[1978]], Bush intentou ser candidato do Partido Demócrata dentro do distrito 19 de Texas, pero perdeu por unha estreita marxe de votos as primarias.
 
En [[1994]], sendo xa o seu pai presidente dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], Bush gañou as eleccións para Gobernador de [[Texas]], ó tempo que o seu irmán se convertía en Gobernador de [[Florida]]. Isto foi o primeiro paso na súa carreira á presidencia.
 
== Vida como Presidente dos EUA ==
 
=== Campaña electoral de 2000 ===
Foi no ano [[2000]] cando Bush decidiu que era o momento adecuado para converterse no candidato republicano á presidencia dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Aínda antes de presentarse, xa era o favorito en tódalas enquisas. Bush centrou a súa campaña na baixada de impostos, a posibilidade de selección de centros educativos por parte dos pais (de pago), a potenciación da extracción de [[petróleo]] en [[Alasca - Alaska|Alaska]] e a reforma das [[Forzas Armadas]].
 
Bush perdeu as eleccións primarias en [[New Hampshire]] (contra [[John McCain]], de [[Arizona]]), pero acabou gañando na maioría dos estados. Escolleu como home forte a [[Dick Cheney]] e iniciou unha intensa campaña.
Liña 71:
Sen embargo, o [[11 de setembro]] de [[2001]] tivo lugar un [[Ataques do 11 de setembro de 2001|atentando contra as Torres Xemelgas e o Pentágono]]. Isto fixo dar un importante xiro á política exterior estadounidense. Ese mesmo día, o Presidente declarou unha guerra contra o terrorismo; a súa taxa de aprobación ascendeu ata o 90%.
 
Os efectos desta política non se fixeron esperar. O [[8 de outubro]] de [[2001]], Bush creou a ''Office of Homeland Security'' (Oficina da Seguridade Nacional). Unha das principais funcións deste organismo é fixa-lo nivel de alerta nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] (verde-azul-amarelo-laranxa-vermello).
 
Neste mesmo mes, Bush decidiu invadir [[Afganistán]], país gobernado polo réxime [[movemento talibán|talibán]] que, segundo el, daba refuxio a terroristas coma [[Osama bin Laden]]. Nesta operación, foi axudado pola meirande parte dos países occidentais e a [[OTAN]]. Como resultado desta operación militar, os talibáns foron depostos, pero Osama bin Laden non foi atopado. Bin Laden morreu o [[2 de maio]] de [[2011]] nunha operación militar realizada por forzas especiais do exército dos EE.UU.