Aguia peixeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: af:Visvalk
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 13:
A aguia peixeira ten a plumaxe do peito branca, ás longas e estreitas que presentan nas extremidades pulseiras negras, o que lle dá unha aparencia distintiva. Está moi ben adaptada para o seu réxime alimentario: pode pechar o nariz para evitar a entrada da auga e as dedas están provistas dunha especie de escamas puntiagudas que lle facilitan ao agarre das presas. O seu voo é lento, alternando o planeo e o bater de ás. Aniña nos lagos e lagoas de auga doce, ás veces nas costas.
 
Emparéllanse de por vida; en marzo comezan un período de cinco meses de colaboración para construír o niño e coidaren aos aguiachos. As femias poñen 3 ou 4 ovos a fins de abril, chócanos durante cinco semanas, e os aguiachos comezan a voar oito semanas despois da eclosión. As aguias peixeiras que aniñan en [[Europa]] pasan o inverno en [[África]]. As de [[Canadá]] e [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] invernan en [[América do Sur]]; os de [[Australia]] non migran.
 
[[Ficheiro:OspreyNASA.jpg|thumb|200px|left|Unha aguia peixeira (''Pandionidae'') preparándose para mergullar. Foto feita polo Centro Espacial John F. Kennedy.]]