Haití: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma español > lingua española
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 53:
| notas =
}}
A '''República de Haití''' é un país do [[Caribe]], na parte occidental da illa [[A Española]], limitando, xa que logo, con [[República Dominicana]] polo leste; ao norte ten o [[Océano Atlántico]] e ao sur e ao oeste ten o [[Mar Caribe]]. O seu territorio comprende igualmente a [[illa da Gonâve]], a [[illa da Tartaruga]], o arquipélago das [[illas Cayemites]] e a [[illa de Vaches]], así como outros diversos illotes. A inhabitada illa de La Navasse é reclamada por Haití ante a administración dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. A súa área total é de 27.750 km cadrados, albergando unha poboación de 10.033.000 habitantes ([[2009]]).<ref>[http://www.un.org/esa/population/publications/wpp2008/wpp2008_text_tables.pdf World Population Prospects, Table A.1. Nacións Unidas]</ref>. A súa capital e cidade máis importante é [[Porto Príncipe]].
 
Haití é unha antiga colonia francesa, foi o primeiro país en [[Latinoamérica]] en declarar a súa independencia e o segundo do continente tras [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Accedeu á independencia tras un [[Revolución Haitiana|proceso revolucionario]] de carácter [[abolicionismo|abolicionista]] iniciado en [[1791]] que desembocou nunha prolongada loita armada contra [[Francia]], a potencia [[colonialismo|colonizadora]] desde finais do [[século XVII]]. Este proceso converteu a Haití, cuxa base étnica da poboación ten nun 95% a súa orixe en habitantes da [[África subsahariana]], en escenario do primeiro caso na [[Historia]] de [[escravitude|escravos]] que se emancipan deste xeito. Este episodio é especificamente lembrado polas [[Nacións Unidas]] mediante a Resolución 29/C40, que constitúe o ''[[Día internacional do recordo da trata negra e da súa abolición]]'' o [[23 de agosto]],<ref>[http://portal.unesco.org/culture/es/ev.php-URL_ID=38068&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html 23 de agosto: Día Internacional do Recordo da Trata de Escravos e da súa Abolición. Portal oficial de Unesco]</ref> e a institución da medalla [[Toussaint Louverture]], en homenaxe a un dos líderes políticos haitianos.
 
Haití está constituído en forma de [[república semipresidencialista]] segundo a Constitución aprobada en [[1987]], pero cuxa vixencia ficou suspendida dende aquela en varias ocasiones pola violencia, particularmente tralo golpe de estado militar de [[1991]] e a crise de 2004, onde interviñeron as [[Nacións Unidas]] mediante o destacamento da Misión de Estabilización das Nacións Unidas en Haití (MINUSTAH). Tras un proceso electoral tutelado pola [[comunidade internacional]] en [[2006]], o [[Xefe do Estado]], escolleito por sufraxio universal, é [[René Préval]] mentres que a [[Asemblea Nacional de Haití]] designou no [[2009]] a [[Jean-Max Bellerive]] como [[primeiro ministro]].
Liña 65:
A illa de [[Haití]] foi descuberta o [[5 de decembro]] de [[1492]] por [[Cristóbal Colón]] e fai parte das chamadas [[Antillas Maiores]]. Antes do descubrimento español, estaba habitada polas culturas [[Arawak]], [[Caribes]] e [[Taínos]]; a súa poboación estimada entón era duns 300.000 habitantes.
 
En [[1804]], [[Jean Jacques Dessalines]] proclamou a independencia de Haití e erixiuse emperador. En [[1822]], as tropas haitianas invadiron a parte oriental da illa de [[A Española]] ([[República Dominicana]]), que non recobrou a súa independencia ata [[1844]]. A grande inestabilidade política do país serviu a [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] como pretexto para invadilo e exercer así un control absoluto ata [[1934]].
 
Os sucesos seguintes reflectiron a pugna entre as autoridades [[Mulato|mulatas]] e as masas populares afrodescendientes.
 
En [[1957]] foi elixido como Presidente de Haití [[François Duvalier]], coñecido popularmente como ''Papa Doc'', quen gobernou dictatorialmente con axuda militar e financeira de [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], e ata en 1964 fíxose proclamar presidente vitalicio. O seu fillo [[Jean-Claude Duvalier]] (''Baby Doc'') sucedeuno en [[1971]]. En xaneiro de [[1986]] unha insurrección popular obrigoulle a exiliarse e o exército fíxose co control do poder mediante a formación dun Consello Nacional de Goberno, presidido polo xeneral [[Henri Namphy]].
 
En xaneiro de [[1988]] foi presidente [[Leslie François Manigat]], deposto en xullo do mesmo ano por Namphy. Derrocado á súa vez por [[Prosper Avril]]. Tras unha presidencia de provisional de [[Ertha Pascal Trouillot]], deposta por un golpe de estado, foi presidente electo a partir de febreiro de [[1991]] [[Jean-Bertrand Aristide]].
Liña 108:
== Goberno e política ==
Haití é unha república presidencialista cun presidente elixido popularmente e unha Asemblea Nacional. De todos os xeitos, algúns sosteñen que é manexado por un goberno autoritario na práctica.
A [[constitución]] foi introducida en [[1987]] e está baseada nas constitucións de [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e de [[Francia]]. Logo de ser suspendida por algúns anos, foi reinstaurada por completo en [[1994]].
[[Ficheiro:Palacio presidencial de Haiti.jpg|thumb|right|250px|Palacio presidencial]]
O [[29 de febreiro]] de [[2004]], un golpe de estado encuberto, promovido por EEUU culminou coa renuncia do presidente [[Jean-Bertrand Aristide]]. No 2006 foi reelixido "democraticamente" o antigo aliado de Aristide, René Préval.