Napoleón III de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Campañas militares: Reino de Italia (1861-1946)
m →‎Campañas militares: Maximiliano I de México
Liña 93:
A resposta de Napoleón á demanda de [[Rusia]] para influír no [[imperio Otomán]] levou a unha vitoriosa participación de [[Francia]] na [[Guerra de Crimea]] (marzo de 1854-marzo de 1856). Tamén aprobou lanzar unha expedición naval en 1858 para castigar aos [[vietnamitas]] e forzar ao seu corte real a aceptar unha presenza francesa no país. O 14 de xaneiro de 1858 Napoleón escapou a outra tentativa de asasinato.
 
En maio-xullo de 1859 a intervención francesa asegura a derrota de [[Austria]] en [[Italia]]. Pero a invasión francesa de [[México]] (xaneiro de 1862-marzo de 1867) terminou en derrota e na execución do emperador de México [[Maximiliano I de México|Maximiliano]] apoiado por Francia.
 
En outubro de 1865 en (Biarritz), o [[chanceler]] prusiano [[Otto von Bismarck]] obtivo de Napoleón III que Francia se mantivese á marxe dun previsible conflito austro-prusiano, mentres que [[Prusia]] comprometíase a apoiar ao [[Reino de Italia (1861-1946) |Reino de Italia]] para conseguir a anexión de [[Venecia]], en mans austríacas. Napoleón pensou que o conflito sería longo e brindaríalle a oportunidade de actuar de mediador e talvez conseguir vantaxes territoriais. O emperador comprometeuse a mediar ante os italianos, o que se conseguiu coa alianza ofensivo-defensiva contra [[Austria]] asinada en abril de 1866. Pero [[Prusia]] derrotou facilmente a Austria na [[Guerra das Sete Semanas]].