Sociedade Galega de Historia Natural: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Actividades: arao dos cons
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-da Coruña +da Coruña)
Liña 2:
 
== Historia ==
A ''Sociedade Galega de Historia Natural'' ten a súa orixe no [[Grupo Ornitolóxico Galego]] [[(G.O.G.)]] que, de acordo coa lei de asociacións de 24-12-1964, foi legalizado por resolución do [[Goberno Civil]] da [[A Coruña|Coruña]], que ordenou a súa Inscrición o [[31 de agosto]] de [[1973]]. Aínda que o nome deste grupo poida suxerir un ámbito de actuación restrinxido á [[ornitoloxía]], a realidade é que o G.O.G. nacera xa cunha amplitude de miras adiantada ao seu tempo, como amosa con claridade o artigo cuarto do seu regulamento.<ref>SGHN [http://www.sghn.org/Presentacion.html]</ref>
 
As xestións que en [[1976]] comezara o G.O.G. para converterse na actual ''Sociedade Galega de Historia Natural'' cristalizaron o [[7 de xuño]] de [[1977]] coa inscrición da S.G.H.N. no Servicio de Asociaciones da Dirección General de Política Interior, do Ministerio de la Gobernación.