Célula G: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 14:
A [[gastrina]] liberada polas células G é unha hormona peptídica, que se une a receptores das células parietais e das [[célula ECL|células similares ás enterocromafíns]] (ECL), facendo que liberen, respectivamente, ácido clorhídrico e histamina.
 
A gastrina únese a receptores B de [[colecistoquinina]] da superficie celular das [[célula similar á enterocromafín|células similares ás enterocromafíns]] ou células ECL, estimulándoas para que liberen [[histamina]]. <ref>{{Cita libro| edición = 11| editor = Elsevier Saunders| isbn = 0721602401| páxinas = 797| autor = Arthur C. Guyton, John E. Hall| título = Textbook of Medical Physiology| location = Philadelphia| ano = 2006}}</ref>
 
A gastrina tamén estimula as [[célula parietal|células parietais]] ou oxínticas facendo que incrementen o bombeo as ATPases de K<sup>+</sup>/H<sup>+</sup> da membrana celular. Isto faino a célula G de dúas maneiras: de forma indirecta incrementando a cantidade de histamina (liberada polas células ECL), e por estimulación directa pola gastrina, o que causa que a célula parietal incremente a secreción de [[ácido clorhídrico]] ao estómago ata en 8 veces.