Diferenzas entre revisións de «Orquestra Mallo»

m
Bot: Substitución automática de texto (-da Coruña +da Coruña)
m (Bot: Substitución automática de texto (-da Coruña +da Coruña))
A '''Orquesta Mallo''' foi fundada na cidade da [[A Coruña|Coruña]] no ano [[1930]] polo acordeonista galego [[Antonio Mallo]]. É unha das orquestras máis antigas de Galiza e funcionou dende os anos 30 ata hoxe, interrumpida únicamente pola guerra civil española. Consolidada e independente a Mallo é unha das orquestras máis salientables do panorama galego.
 
Dende que Antonio Mallo a fundou, o signo de identificación da orquestra é o acordeón. A testemuña dista tradición musical, que na familia Mallo data do século XIX, foi seguida polo seu sucesor e sobriño, [[Juan Mallo]], que continúa na actualidade dando vida ós antigos costumes acordeonísticos da orquestra. A primeira formación da orquestra Mallo no ano 1930 contou cun dos vocalistas máis famosos da época, [[Pucho Portela]], un saxo, un trompeta e o pianista ferrolano Cerdeiriña, premiado polo Conservatorio de París. Dende este intre a Orquesta Mallo comeza a frecuentar diversas salas e cafés-teatro da época chegando a inaugurar a Sala de festas “O Seixal” (agora xa pechada), unha das pistas máis modernas da vida social coruñesa naqueles tempos.
44.135

edicións