[[Ficheiro:Muralla del Jardín de San Carlos.jpg|thumb|right|250px|Muralla do Xardín de San Carlos.]]
O coñecido como '''Xardín de San Carlos''', situado na cidade vella da [[A Coruña|Coruña]], foi construído coma castelo defensivo fóra das murallas no [[século XIV]] e quedaría unido á cidade no [[século XVI|XVI]].
==Historia e características==
O aspecto actual do Xardín de San Carlos débese ao gobernador en [[1834]] [[Francisco de Mazarredo]], e presenta unhas características de xardín romántico. Foi declarado [[Conxunto Histórico-Artístico]] xunto coas murallas.
O seu valor radica na súa privilexiada situación dende a que se observa, grazas ao seu miradoiro, todo o porto da [[A Coruña|Coruña]], na súa vexetación, e na tumba, un sepulcro proxectado coma monumento funerario, do xeneral [[Inglaterra|inglés]] [[John Moore|Sir John Moore]], morto na [[Batalla de Elviña]] en [[1809]] loitando mentres defendía a cidade das tropas [[Napoleón|napoleónicas]] [[Francia|francesas]] do xeneral [[Nicolas Jean de Dieu Soult|Soult]].
Numerosas especies de árbores tanto autóctonas coma exóticas están presentes no xardín, das que destacan dous xigantescos [[umeiro]]s centenarios.