Abrir o menú principal

Cambios

lig int
 
==Traxectoria==
Estudou para piloto da Armada, pero abandonou a carreira naval en [[1848]]. Emigrou a [[Uruguai]] e [[Arxentina]], onde ocupou diversos cargos e colaborou en publicacións como ''El Comercio'', ''Diario de Corrientes''. En 1857 foi designado director de Instrución Pública da República Arxentina e publicou o tratado ''Puntualización y ortografía''. Regresou a [[Ferrol]] en [[1860]]. En [[1867]] mercou a imprenta coruñesa de C. Míguez e trasladouna a Ferrol onde imprimiu diversos xornais e dirixiu ''[[El Eco Ferrolano]]'' (1864-1869). Presidente do comité do [[Partido Republicano Democrático Federal]], foi alcalde da cidade en 1869. En [[1871]] fundou o periódico ''[[El Trabajo]]'', dende o que preconizou o diálogo con calquera opositor político. Participou na sublevación federalista-cantonal ferrolá de outubro de [[1872]] e en [[1873]] foi elixido deputado por Ferrol. Coa Restauración estivo desterrado en [[Portugal]] e, expulsado, exiliouse en [[París]] ata [[1877]]. Interveu nas conspiracións republicanas do último terzo do século XIX, e mantivo a súa actividade como propagandista fundando e dirixindo ''[[La Democracia (Ferrol)|La Democracia]]''. Foi un dos fundadores do Ateneo Artístico (1879) e pertenceu á xunta que dirixiu a Escola de Artes e Oficios ferrolá.
 
==Obras==
90.051

edicións