Monfero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Patrimonio: arranxo
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-da Coruña +da Coruña)
Liña 60:
Monfero ten 173,28 km², e abrangue sete parroquias. A casa consistorial está no lugar de Rebordelo, na parroquia de Monfero. Está no leste da [[provincia da Coruña]], e limita ao norte coas [[Pontes de García Rodríguez]], [[A Capela]], [[Cabanas]] e [[Pontedeume]], ao sur coa [[Irixoa]] e [[Aranga]], ao leste con [[Xermade]] e [[Guitiriz]] ([[provincia de Lugo]]) e ao oeste con [[Vilarmaior]].
 
Está atravesado pola estrada AC-151 (que o une coa [[A-6]]), a [[C-640]] que vai de [[Betanzos]] a [[Viveiro]], e a [[AC-144]], que vai cara a Pontedeume. Está a 45 km da [[A Coruña|Coruña]] e a 80 de [[Santiago de Compostela]].
 
A Serra da Loba é a rexión montañosa máis destacada, destacando no centro do concello o Monte da Pendella (712 m). O [[río Eume]] fai de fronteira polo norte, e a el van dar os afluentes do Frai Bermuz e San Bartolomeu. No oeste están amais os ríos Lambre e Lambruxo.