Spirit (robot MER-A): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Anomalía no uso da memoria flash: memoria de acceso aleatorio
Angeldomcer (conversa | contribucións)
arranxo ligazóns a homónimos
Liña 69:
Tras Clovis, estudou Ebenezer (soles do 226 ao 235), Tetl (sol 270), Uchben e Palinque (soles do 281 ao 295), e Lutefisk (soles do 296 ao 303).
 
Do sol 239 ao 262, o '''Spirit''' foi inaccesible debido a que [[Marte (planeta)|Marte]] estaba en [[Conxunción (astronomía)|conxunción]] co [[Sol]]. O [[29 de setembro]] de [[2004]] rematou o período de inactividade. Jim Ericson, do JPL de [[Pasadena, California|Pasadena]] ([[California]]) declarou: "Non só as comunicacións estaban interrompidas, senón que os robots pasaron, no hemisferio sur marciano, polo peor do inverno desde o punto de vista da enerxía solar".
 
Amodo, o '''Spirit''' fixo o seu camiño cara á cima da Husband Hill, e no sol 344 estaba listo para subir á "Cumberland Ridge" e "Val de Tennessee".
Liña 78:
Cara ó sol 390 (a mediados de febreiro do 2005 ), o ''Spirit '' avanzara cara a "Larry's Lookout", ascendendo o outeiro. Os científicos estaban intentando conservar tanta enerxía como fose posible para a subida.
 
'''Spirit''' investigou outras rochas ata o chan no camiño de "Paso Carballos" achando a cantidade máis alta de [[sal (química)|sal]] que se atopou no planeta vermello. A terra tamén tiña unha cantidade alta de [[Fósforo (elemento)|fósforo]] na súa composición, no entanto non tan alta como a pedra Wishstone analizada polo '''Spirit''' en abril de 2004. Squyres dixo que: "Estamos aínda intentando entender o que isto significa, pero claramente, con tanta sal ó redor, a auga tiña aquí un claro papel." Naquela ocasión aclarou: "existiu menos auga aquí que na zona marciana explorada polo '''[[Opportunity]]'''". Isto sucedeu un mes logo da declaración de marzo de 2004 que anunciaba que (trala análise do Opportunity) as rochas formáranse en presenza de auga, fai miles de millóns de anos. Agora atopouse outra zona con alta concentración en sal.
 
=== Unha tormenta de po limpa os paneis ===