Diferenzas entre revisións de «Lamarckismo»

m
sen resumo de edición
m (mudando influenza (doenza) por influencia (acción de influír))
m
'''Lamarckismo''' é o termo utilizado para referirse á [[teoría]] da [[evolución]] formulada por [[Lamarck]].
 
En [[1809]], no seu libro ''Filosofía zoolóxica'', propuxo que as formas de vida non foran creadas e permaneceran inmutábeis, como se aceptaba no seu tempo,<ref>Véxase [[Creacionismo (pseudociencia)]], [[Fixismo]]</ref> senón que evolucionaran desde formas de vida más simples, describindo as condicións que propiciarían a evolución da vida e o mecanismo polo que evolucionaría.
 
A teoría de Lamarck é a primeira teoría da [[evolución|evolución biolóxica]], adiantándose en cincuenta anos á formulación de [[Darwin]] da [[selección natural]] no seu libro ''[[A orixe das especies]]''.<ref>[http://www.oei.es/divulgacioncientifica/entrevistas_052.htm Entrevista con Lynn Margulis, ''Muchas de las cosas que nadie sabe de Darwin han pasado en Chile'', SINC, 27/11/2009] {{es}}</ref> <ref>{{cita|''A primeira teoría integral da evolución foi presentada a comenos do século XIX por Jean-Baptiste de Monet de Lamarck quen, en boa medida, era un produto da Ilustración, tanto pola súa determinación de ofrecer unha explicación naturalista da evolución como polo seu enfoque sistémico. Dominou acabadamente a física, a química e a xeoloxía antes de embarcarse na busca de evidencias de que a evolución biolóxica ocurrera realmente. Tamén suxiriu un mecanismo da evolución, polo cal podían xurdir novas especies a través de cambios na relación entre o organismo e o seu ambiente durante a busca do primeiro por satisfacer as súas necesidades básicas, e a produción en consecuencia de novas modificacións nas súas características, as cales volveríanse hereditarias logo de moitas xeracións.''|Mae-Wan Ho, 1988, ''Genetic engineering'', páx. 90.}}</ref> <ref>{{cita|''Mención a parte merece o naturalista francés Jean Baptiste Antoine Pierre de Monet, conde de Lamarck (1744-1829). Aínda que denostado polo darwinismo pola súa teoría dos caracteres adquiridos, foi un dos maiores defensores e divulgadores das ideas evolucionistas antes de Darwin. Foi dos primeiros que explicou a variedade e os cambios morfolóxicos nos organismos: a función crea o órgano, a través do tempo de as condicións oportunas. Cuñou o termo bioloxía e estableceu a diferenza básica entre vertebrados e invertebrados.''|Eugenia Ramírez Goicoechea, ''Evolución, Cultura y complejidad''.}}</ref>
{{cita|''Lamarck [...] a súa'' Filosofía zoolóxica ''(actualmente sería teoría zoolóxica) paréceme o libro máis importante da bioloxía que se escribira xamais. Lamarck foi o que aplicou o concepto de biologxa ao estudo dos seres vivos dotándoo dunha base teórica para que tivera consistencia. [...] Era unha persoa que tiña unha capacidade impresionante de compresión da Natureza, tiña unha visión belísima da Natureza...''|Máximo Sandín, ''La evolución a 150 años (luz) de Darwin'', conferencia na Universidad de Oviedo, 16/11/2009.<ref>[http://mediateca.uniovi.es/visor2/-/journal_content/56_INSTANCE_iV9s/10910/156588 Máximo Sandín, ''La evolución a 150 años (luz) de Darwin''. Conferencia na Universidade de Oviedo, 16/11/2009. Unha visión crítica da teoría de Darwin. (formato vídeo), 13:15]</ref>}}
 
Na actualidade, o lamarckismo quedou simplificado como a teoría da "heredanza dos caracteres adquiridos". A síntese ([[neodarwinismo|neodarwinista]]), formulada nos años trinta do século XX, segundo a cal a vida evoluciona a consecuencia de [[mutación|mutacions]] aleatorias no [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]] fixadas pola selección natural, é considerada, pola maioría do estamento académico, satisfactoria para describir a evolución.
 
==Notas==
19.690

edicións