Codón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 130:
 
==O codón de parada ou terminación==
Tamén se chama de terminación, finalización, de ''stop'' ou codón sen sentido. Poden funcionar como codón de parada tres codóns, o UAG, UGA e UAA. Son codóns que non codifican ningún aminoácido e utilízanse como sinais para o final da tradución de proteínas, situados no extremo 3' do [[marco aberto de lectura]], antes da zona 3' [[UTR]] <ref name="watson">{{cita libro| apellidos = Watson| nombre = J, D.| coautores = Baker, T. A.; Bell, S. P.; Gann, A.; Levine, M. et Losick, R | título = Molecular Biology of the Gene | edición = Fifth edition | año = 2004 | editorial = Benjamin Cummings | ubicación = San Francisco | id = ISBN 0-321-22368-3}}</ref> do ARNm.
 
Descubriunos [[Sydney Brenner]] estudando os mutantes do [[fago T4]], que orixinaban proteínas da cápside máis pequenas do normal, porque un codón normal fora substituído polo codón UAG. Deste modo decatouse de que este codón non codificaba un aminoácido, senón unha pausa (ou parada) na mensaxe xenética.<ref name="griffiths">{{cita libro| autor = Griffiths, J .F. A. ''et al.'' | título = Genética | año = 2002 | editorial = McGraw-Hill Interamericana | id = ISBN 84-486-0368-0}}</ref>