Ternera Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "A carne de vacún galega é un produto con tradición e historia xa que ten percorrido de mais de 3.700 anos. Estas siglas refírense a “Indicación Geográfica Protegida” da..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2012 ás 11:20

A carne de vacún galega é un produto con tradición e historia xa que ten percorrido de mais de 3.700 anos. Estas siglas refírense a “Indicación Geográfica Protegida” da tenreira galega ca que se comeza a controlar e promocionar dende 1989, tamén recoñecida pola U.E sete anos despois. Este certificado refírese exclusivamente a carne de tenreiros nacidos, criados e sacrificados en Galicia e que teñen que pasar un rigoroso control de calidade. Este control incide no nacemento dos tenreiros, crianza, alimentación, coidados sanitarios, sacrificio e presentación da carne nos establecementos para a posta a venta segundo a lexislación vixente. A alimentación adecuada para estes tenreiros basease en darlle os tenreiros leite materna, forraxes, concentrados vexetais e exentos de produtos animais ou sustancias prohibidas. Os tenreiros téñense que sacrificar antes de que estes cumpran os 10 meses e a súa carne é característica pola súa cor rosa claro ou vermello suave, infiltración graxa de cor branca, aspecto magro, textura suave e agradable sabor. Esta carne chega os consumidores perfectamente identificada polos correspondentes certificados de calidade e contraetiquetas.

Historia

En Setembro de 1989 recoñeceuse o "Produto Galego de Calidade Ternera Gallega", para a carne de gando vacún producido en Galicia, no Diario Oficial de Galicia por orde da Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia. En Novembro publícase o Regulamento da Denominación no que se estableceron as condicións que garantía aos consumidores a adquisición da carne de vacún, de máxima calidade. A carne de gando vacún de raza loura galega producida en Galicia, recoñeceuselle con carácter provisional, en Setembro de 1991 coa denominación "Carne de Loura Galega"; sendo aprobada e publicada en Xuño de 1992. Estas denominacións foron creadas para garantir a súa calidade aos consumidores e para promoción da produción cárnica galega. A similitude das dúas denominacións, "Produto Galego de Calidade Ternera Gallega" e da "Carne de Loura Galega", fixo necesario un replantexamento. En Xaneiro de 1994 publicouse no Diario Oficial de Galicia, a denominación específica para a carne de vacún producida en Galicia, unha Denominación Específica de Ternera Gallega, en Novembro foi ratificado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, publicándose en Abril de 1995 no Boletín Oficial del Estado. Esta Denominación Específica significou un desenvolvemento e consolidación da produción de carne vacún de calidade en Galicia. En Diciembre de 1996, a Ternera Gallega, obtivo o máximo recoñecemento na Unión Europea, despois de cumprir coas condicións establecidas no Regulamento (CEE) nº2081/92, relativo á protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos produtos agrícolas e alimenticios na Unión Europea. En agosto de 1997 celebrouse a primeira convocatoria de eleccións a vogais do Consello Regulador, cunha elevada participación de tódalas industrias cárnicas e gandeiros inscritos, o cal corrobora a dimensión e interese que esperta a Indicación Geográfica Protegida Ternera Gallega dentro do sector agrogandeiro.

Estrutura

Na Indicación Geográfica Protegida Ternera Gallega aparecen algunhas das explotacións gandeiras e industriais cárnicas. Estas explotacións teñen que cumprir a normativa desta denominación. A I.G.P. Ternera Galega ten a súa sede en Amio, Santiago de Compostela. O seu traballo de control adícase fundamentalmente a Galiza e a súa promoción é tanto a nivel nacional como a nivel internacional. Existen catro rexistros diferentes: Rexistro de ganderías, rexistro de productores, rexistro de matadoiros e rexistro se salas de despece. Cada catro anos elíxense democráticamente os representantes do consello regulador de I.G.P. Ternera Gallega. Este consello esta composto por: un presidente, un vicepresidente, sete vocales que representan a producción, 7 vocales que representan a industria e dous vocales nomeados pola administración pública. O persoal de I.G.P. Ternera Gallega presenta a seguinte distribución e funcións: • Persoal directivo, formado polo secretario executivo, polo director técnico, polo director de promoción e polo de relacións externas. • Persoal administrativo, adícase o traballo administrativo e a atender as oficinas. • Persoal de inspección e control, adícase o control das explotacións gandeiras, a identificación dos terreos inscritos na I.G.P. Ternera Gallega.

Funcionamento

Condicións para a inscripción

Para incribirse nos rexistros da I.G.P. Ternera Galega, as explotacións interesadas deberán acudir ao Consello Regulador e deberán cumprir unha serie de condicións para realizar a inscripción. Para comprobar se as explotacións cumpren con eses requisitos esixidos polo Reglamento de Indicación Geográfica Protegida Ternera Gallega e demais normativa aplicable, o persoal de inspección e control da I.G.P. Ternera Gallega visita as explotacións gandeiras e industrias cárnicas para verificar o cumprimento deses requisitos.

Identificación

Cada res inscrita no rexistro da Indicación Geográfica Protegida será identificada mediante o sistema adaptado pola Administración. Este rexistro será levado a cabo polo órgano de control e certificación do Consello Regulador. As pezas e canais estarán identificadas con etiquetas certificadoras expedidas por dito órgano e serán as que acompañen o producto en tódalas fases da comercialización.

Requisitos

O tenreiro, primeiramente, inscríbese na I.G.P. Ternera Galega e emítese, posteriormente, Acta de Identificación de Tenreiros. Pero existen unha serie de requisitos para que un ternero poida ser identificado e inscrito en Ternera Gallega e son os seguintes: - Que o nacemento fora na Comunidade Autónoma de Galicia - Debe de ser gando da raza rubia galega e morena galega, así como os cruces entre elas. - As explotacións e os tenreiros deben cumprir as condicións hixiénico-sanitario establecido pola normativa vixente. - Debe estar identificado con D.I.B (Documento de Identificación para Bobinos) e con dobre crotalización.

Certificación

Inspeccións diarias

Os inspectores da I.G.P. Ternera Gallega visitan diariamente os matadoiros inscritos para certificar os canais e comprobar se cumpren que foran declaradas, pola Inspección Sanitaria Oficial, aptas para o consumo, que sexan procedentes de Galicia, que estean identificados e inscritos na I.G.P. e, por último, que cumpren as condicións establecida na normativa europea sobre clasificación de canais de vacuno.

Clasificación e certificación

A normativa europea sobre clasificación de canais de vacuno admite seis tipos de conformación (S, E, U, R, O, P) e cinco tipos de engraxamento (1, 2, 3, 4, 5). A I.G.P. ternera Gallega certifica únicamente os casi de mellor conformación (S, E, U e R) e os estados de engraxamento intermedios (2 e 3). Na actualidade, para conseguir que estea ben identificada, os técnicos da Denominación emiten 2 Certificados de Garantía e colocan en cada canal 24 Contraetiquetas de Certificación. Estos elementos identificativos sirven para garantizar ao consumidor que están consumindo Ternera Gallega ademáis de amosar outra información complementaria.

Categorías

Según a certificación da I.G.P. Ternera Gallega, existen tres tipos de carne en función da idade, do sistema de producción y da alimentación que son: - Ternera Gallega Suprema - Ternera Gallega - Ternera Gallega Añojo

Programa de control

Organismo certificador

A I.G.P. Ternera Gallega cumpre a Norma Europea EN-45011 e certifica a carne de vacuno de calidade que se produce cando cumpre as normas establecidas no Reglamento da Denominación.

Control Integral

A I.G.P. Ternera Gallega desenvolveu un estricto programa de control integral dende o nacemento da res ata a súa comercialización. Controlando factores como a raza, alimentación, sanidad… É necesario destacar o exhaustivo control que exerce a I.G.P. sobre a alimentación do gando que deberá seguir as pautas tradicionais de cebo de vacuno en Galicia. Esta alimentación será a base do leite materno, que se poderá complementar con millo, patacas, nabos, concentrados e forraxes. O programa de control continuarase posteriormente nos laboratorios onde se fará análisis de mostras extraídas aleatoriamente e será recollidas tanto nas explotacións gandeiras, como matadoiros ou salas de despiece. Tamén se realiza un control nos puntos de venta mediante visitas periódicas aos establecementos. O obxetivo deste seguimento e asegurarse de que se cumpren tanto os protocolos de colaboración entre a Denominación e establecementos, así como a normativa recollida no reglamento para a súa comercialización.

Ligazóns externas

http://www.terneragallega.com/

http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/gandaria/sector_carnico/carnes_galegas_de_calidade/