Sármatas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Servando2 (conversa | contribucións)
eli, elimino ligazón a homónimos
Liña 7:
No século II a.C., [[Pausanias]] explica que non traballaban os metais pero que usaban ósos e pezuños para as súas armas, resultando nunha efectividade parella. As armaduras medievais posibelmente teñan a súa orixe nas coirazas destes materiais que utilizaban os sármatas e que lles permitiron enfrontarse con éxito ás chuvias de frechas, táctica típica dos escitas.
A comezos do século I a.C. aliáronse con [[Mitrídades]], que reinaba sobre varios países nos arredores do [[Mar Negro]] e era un dos máis inimigos máis irredutíbeis do [[Imperio Romano]]. Foi derrotado por [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] en [[-66]], pero retirouse a [[Crimea]] e continuou enfrontándose aos romanos apoiado polos sármatas até que foi obrigado a suicidarse. Os sármatas continuaron a alianza antirromana co seu fillo [[Farnaces]], a quen venceu [[Xulio César]] en [[-47]] en [[Zela]] (ocasión que este describiu co célebre "''Vini, vidi, vinci''").
 
Os sármatas, como todas as tribos, constituían sociedades pouco organizadas. Durante a súa migración cara o oeste foron asimilando outros grupos étnicos e constituíronse nunha federación de tribos. Polo xeógrafo [[Estrabón]], a mediados do século I a.C., coñécese a existencia de polo menos catro tribos sármatas entre o [[Río Dniper|Dniper]] e o [[río Danubio|Danubio]].