Catarina II de Rusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: mt:Katerina II tar-Russia
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 24:
En Xaneiro de [[1762]], a tsarina Isabel Petrovna morre, e Pedro Fedorovitch subiu ao trono co nome de [[Pedro III de Rusia|Pedro III]]. As súas políticas de aproximación a Prusia de [[Federico II de Prusia|Federico II]], a introdución no exército das violentas técnicas de adestramento militar prusianas e a súa esixencia de que os bens da Igrexa foran administrados por funcionarios leigos provocaron un descontento xeral. Ao mesmo tempo, Catarina temía que Pedro a repudiase para casar coa súa amante, [[Isabel Vorontsova]]. En Xuño do mesmo ano, [[Grigori Orlov]], o novo amante de Catarina e membro da garda imperial, liderou un levantamento que afastou a Pedro. O golpe, pacífico e apoiado por amplos sectores da sociedade, conduciu Catarina ao poder; Pedro acabaría por abdicar, tendo sido asasinado pouco tempo despois por Orlov. Catarina foi coroada emperatriz da Rusia o [[22 de setembro]] de 1762 na Catedral do [[Kremlin]] de [[Moscova]]. Sería o principio dun glorioso e autocrático reinado de trinta e cinco anos.
 
Autócrata convencida, mostrouse, entre tanto, protectora dos “[[filósofo]]s” e dos [[artista]]s [[Francia|franceses]]. Mantivo correspondencia con [[Voltaire]]. Sufocou a revolta dos [[cosaco]]s ([[1774]]), reformou a administración ([[1775]]) e encoraxou a valorización das rexións de [[Ucraína]] e do [[río Volga|Volga]]. En [[1783]] ordenou a fundación da academia rusa. No seu reinado, o territorio de [[Rusia]] creceu a expensas de [[Turquía]] ([[1787]]) e de [[Polonia]] ([[1793]] e [[1795]]). Durante o seu reinado enfrontouse ao [[Imperio Otomán]], derrotándoo en varias ocasións.
{{Commons|Catherine II of Russia}}