Grou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazóns a homónimos
Liña 15:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Grus grus skull.png|thumb|Esquelete de grou]]
Coma tódolos representantes do xénero ''Grus'' é unha ave grande, coas patas e o pescozo longos. Miden entre 110 e 130 cm. e alto e teñen unha envergadura alar duns 220 a uns 245 cm. Caracterízanse polo debuxo branco e negro da cabeza e o pescozo e por unha placa vermella sen plumas na cabeza. O bico e fino e en forma de cuña, duns 10 cm. de longo. A plumaxe é, agasagás na cabeza e o colo, gris clara con diversos matices e gradacións. As aves case brancas ou moi escuras son, porén, excepcionais.
A cola é as plumas rémixes son negras. As plumas do úmero varían entre o gris e o negro e colgan nos exemplares adultos sobre da cola.. Na época reprodutora a zona dos ombreiros e do lombo ten tons que van do castaño escuro ó cor da terra. Os sexos son difíciles de distinguir a simple vista, malia que os machos son algo meirandes cás femias. Os primeiros pesan entre 5 e 7 quilogramos, as segundas entre cinco e seis.
Os exemplares que acaban de empezar a voar teñen a plumaxe uniformemente castaña agrisada, coa cabeza da cor da área con tons avermellados e sen o debuxo branco e negro dos adultos. Nos exemplares dun ano aparece un debuxo pouco marcado na cabeza e o pescozo, que acaba de definirse nas aves de dous anos, que son xa practicamente idénticas ós adultos..
Liña 28:
 
O berro de alarma é emitido por unha ou máis aves en casos de perigo e pode oírse a grandes distancias. En situacións de perda ou limitación do contacto visual lanzan un berro de contacto, que serve tamén para anunciar a inminencia do despegue cando van voar.
Os polos emiten trinos suaves como medio de contacto, que se fan píos asubiantes e altos cando están excitados e de queixume cando piden alimento. Berros asperosásperos son utilizados polos pais para avisar á niñada do pergo.
 
== Distribución e hábitat ==
[[Ficheiro:Verbreitungskarte des Kranichs.png|thumb|400px|Mapa de distribución do grou. En amarelo as zonas de cría. En azul as de invernada. As liñas verdes indican as rutas migratoruis]]
As rexións de cría da especie están situadas no norestenordeste de [[Europa]] e o norte de [[Asia]]. Os ríos [[Weser]] e [[Aller]] marcan ó seu límite oeste, o paralelo 51 o límite sur. A perda de biótopos axeitados dende comezos do século XX empurrou entre 300 e 400 km. cara ó norte a zona de reprodución dos grous. A perda de territorios de cría é causada pola drenaxe e posta en cultivo de zonas húmidas, que xunto cos roubos de ovos, a caza e as condicións climáticas fixeron desaparece-la especie de moitas zonas. Algunhas delas están volvendo, porén, a ser ocupadas grazas ás medidas de protección.
 
En [[Europa]] os grous crían en [[Dinamarca]], [[Noruega]], [[Suecia]] , [[Finlandia]], [[Polonia]], [[República Checa]], noreste de [[Alemaña]], os [[Países Bálticos]], [[Bielorrusia]] e norte de [[Ucraína]]. O sur deste pais, [[Xeorxia]], [[Armenia]] e a ribeira norte do [[mar de Aral]] foron durante séculos o límite sur dos territorios de cría do grou. O leste de e o extremo oriente teñen poboacións pouco mestas. En [[Turquía]] e o [[Tíbet]] hai poboacións estables, pero no nordeste de China están a reducirse. Crían esporadicamente en [[Inglaterra]], [[Francia]], [[Italia]] e nos [[Países Baixos]]. No pasado facíano tamén en [[RomeniaRomanía]], [[Iugoslavia]], [[Albania]], [[Bulgaria]] e [[Grecia]].
 
Os seus hábitats preferidos son zonas húmidas das terras baixas coma pantanos, zonas de vexetación anegadas e beiras de lagos. Buscan alimento en zonas de agricultura extensiva, nas beiras dos campos e nas ribeiras. Para descansar utilizan zonas chas e abertas, incluíndo campos de cultivo e prefiren durmir en zonas acuáticas de augas pouco fondas, que lles ofrecen protección fronte ós inimigos.
 
=== Emigración ===
En inverno diríxense cara ó sur seguindo varias rutas, estudadas xa dende o século XIX. Os exemplares suecos, noruegos e se cadra os do norte de Finlandia, viaxan seguindo a dirección norte-sur ó traveso de Suecia. A partida faise, en xeral, entre agosto e outubro. A mediados de agosto empezan a chegar ás costas alemanasalemás entre os ríos [[río Oder|Oder]] e o [[río Dars|Dars]]. Outros exemplares cruzan Polonia e Estonia. A migración dende Alemaña segue maioritariamente en dirección ata Francia, onde algúns pasan o inverno. Atravesan Francia en diagonal para chegaren ata ó sur de [[España]] onde acaba a viaxe de máis das aves, por ben que algunhas continúan ata o norte de África. O voo de regreso comeza a finais de xaneiro e acada o seu punto máximo a finais de febreiro e primeiros de marzo.O número de exemplares que seguen a ruta do oeste de Europa pasou dos 40.000 de primeiros dos anos [[1980]] a uns 150.000 no [[2001]]..
 
As poboacións bálticas, bielorrusas, do oeste de [[Ucraína]], o leste de [[Polonia]] , xunta coas finesas e as do noroeste de [[Rusia]] viaxan sobre as chairas [[Hungría|húngaras]] para despois dividírense en dous grupos: un occidental (unhas 20.000 aves) que, despois de sobrevoar os [[Balcáns]] e o [[Mar Adriático|Adriático]] chega por [[Sicilia]] ata [[Tunicia]], e outro oriental (uns 50.000 exemplares) de traxectoria pouco coñecida, e do que algúns exemplares parece que invernan en [[Israel]] e o resto continúa ata o leste de África..
 
Outros grupos parten de Rusia, Bielorrusia, norte de Ucraína, [[Siberia]] e [[Casaquistán]] e seguen rutas diversas en direccións sur, sueste e suroeste. Unha delas atravesa Rusia e outra cruza o [[río Volga|Volga]] e o [[Irán]]. Máis ó leste outra cruza a Asia central cara [[Paquistán]] e a [[India]]. Outros exemplares cruzan [[Mongolia]] para chegaren o centro e sueste de [[China]] e outra acada o sueste deste país cruzándoo máis ó leste. Bandos pequenos pasan o inverno en [[Corea]] e no [[Vietnam]].
 
== Alimentación ==