Volgogrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazóns a homónimos
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Historia ==
Fundada en [[1589]] co nome de Tsaritsyn que foi tomado do [[río Tsaritsa]] (do [[lingua tártara|tártaro]] ''Sary O seuSu'', ''Auga Amarela''). A fortaleza foi establecida coa fin de defender a inestable fronte sur do Imperio Tsarista, converténdose co tempo nun importante centro de tránsito e de comercio. Foi capturada polos [[cosacos]] en dúas oportunidades, a primeira en 1670 baixo a sublevación encabezada por Stenka Razin, e posteriormente en 1774 por Yemelián Ivánovich Pugachev. A finais do século XIX era un dos máis importantes portos fluviais do [[río Volga|Volga]].
 
Durante a [[Guerra Civil rusa]] a cidade e os seus arredores foron centro de grandes combates entre os bolxeviques e os menxeviques, que a tomaron en 1918 baixo o mando de Anton Ivanovich Denikin. Foi recuperada polos revolucionarios ao ano seguinte, para tomar o nome de Stalingrado, por ser [[Stalin]] quen a conquistou para o [[Exército Vermello]] nunha decisiva vitoria durante a guerra civil. Durante o réxime soviético converteuse nun importante centro industrial altamente perfeccionado, ademais de ser un centro neurálxico para o transporte fluvial e o transporte de bens por ferrocarril.