André, apóstolo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 5:
Nado ao redor do cambio de era en Betsaida [[Galilea]]. O seu nome semella indicar un certo proceso de helenización das vilas xudías que estaría chegando a [[Cafarnaum]] onde vivía co seu irmán Simón ([[Pedro, papa]]) adicado á pesca no [[lago de Xenesaret]].
 
Desprazouse a [[Xudea]], ás beiras do [[río Xordán|Xordán]], onde [[Xoán o Bautista]] anunciaba a necesidade de conversión e bautizaba ós xentíos. Segundo o [[Evanxeo de Xoán]], foi o Bautista quen lle dá a coñecer a Xesús, que se desprazara para ser el tamén bautizado.
 
Consonte o mesmo Evanxeo, é André quen anuncia ao seu irmán Pedro que coñeceu ao Mesías, de ahí que a [[Igrexa Ortodoxa]] o denomine ''Protokletos'', é dicir, o primeiro chamado. Pola súa banda, o [[Evanxeo de Mateo]] e o [[Evanxeo de Marcos]] narran que, posteriormente, Xesús, camiñando pola ribeira do lago de Galilea, chama conxuntamente a André e a Pedro, que se atopaban traballando coas redes, para que o seguisen e facelos "pescadores de homes".
 
Segundo o Capítulo XIII do Evanxeo de Marcos, cando Xesús advirte que o [[Templo de Xerusalén]] será destruído, Andrés, abraiado e preocupado, sentado no Monte das Oliveiras fronte ao Templo, pregunta en privado xunto con Pedro, [[Santiago o Maior]], e Xoán cando acontecerá isto. Xesús fala entón das persecucións que sufrirán polos gobernadores e reis e a necesidade de que sexa predicada a Boa Nova a todas as Nacións.