O vixía no centeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 61:
 
O protagonista é '''Holden Caulfield''', un mozo de 16 anos, moi delgado e co lado dereito da cabeza cheo de canas. Vive en New York, é moi mal estudante, e xa o botaron de 4 colexios. Adoita mentir sen razón algunha, só por diversión ou para evitar dar explicacións. Odia a hipocresía (se ben en moitas ocasións recoñece que el actúa dese xeito), a falsedade, a xente creída e as palabras cursis e cultas, pero sobre todo que a xente lle minta. É moi amable e carismático, aínda que en ocasións é moi sarcástico e mesmo desagradable. Malgasta os cartos con moita facilidade. Recoñécese como covarde, e ten a manía de encender mistos cando está de mal humor. Fuma moito, e xoga ben ao golf. É virxe e non entende o sexo. Quería moito o seu irmán Allie, xa falecido.
 
Con respecto aos seus compañeiros, fala sobre o seu compañeiro de habitación,Ward Stradlater, do que di que é un “porco en segredo” e que “está namorado de si mesmo”.Tamén fala sobre Robert Ackey, este é un rapaz que vive na habitación do lado e que frecuentemente saca a Holden das súas casillas,aínda que no fondo lle dá pena. Carl Luce é un rapaz que coñeceu en Whooton e que según di él sabe moito sobre sexo. Sobre as mulleres fala de Sally Hayes que é a moza coa que soe saír en Nova York e Jane Gallagher que é a moza da que verdadeiramente está namorado.
 
===Familiares===
Liña 67 ⟶ 69:
''Allie'' era outro irmán, dous anos menor ca Holden, que faleceu de [[leucemia]] con 13 anos. Tiña o pelo vermello, era moi intelixente e nunca se enfadaba.
 
''Phoebe'' é a súa irmá, de 10 anos. Tamén ten o pelo vermello, é moi delgada e saca boas notas no colexio. Gústalle patinar e escribir, e é moi agarimosa e sensible. E di que é moi adulta para o pequena que é,
 
*O pai de Holden é avogado nunha empresa, e ten bastantes cartos.