O vixía no centeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Liña 33:
==Argumento==
{{spoiler}}
Holden Caulfield foi expulsado do instituto Pencey (xa o cuarto ao que vai), e debe abandonar o internado antes de tres días. Decide ir despedirse do seu profesor de historia, o señor Spencer, e este repróchalle o seu baixo rendemento escolar. Regresa á residencia, e o seu compañeiro de cuarto, Stradlater, dille que ten unha cita cunha rapaza chamada Jane Gallagher, coa que Caulfield intimara cando coincidiran de vacacións en Maine. Isto amola a Caulfield, quen ademais recibe a visita dun rapaz moi impopular da habitación contigua, Ackley, descrito por Caulfield como pouco hixiénico e molesto, que cosntante mente o saca das súas casillas co seu comportamento e actitude, aínda que despois vai con el e outro compañeiro a cear e ao cine, porque o nota moi só e ademáis dalle,no fondo,pena.
 
Como Stradlater regresa tarde da súa cita, Caulfield interrógao respecto ao que fixeron. Como o compañeiro se nega a respostar, Holden sospeita que fixo o amor con Jane, polo que, furioso, o golpeagolpéao. Stralater dá unha paliza a Caulfield e déixao co nariz sangrando.Esta, non é a primeira vez que discute con Stradlater, ainda que si a primeira que pelexan,xa que no fondo Holden non lle cae nada ben o seu compañeiro. O certo é que Caulfield nunca se levou moi ben con ningún dos seus antigos compañeiros de habitación,xa que case todos eran un pouco raros, ou iso é o que pensaba él.
 
Caulfield, farto de todo, decide marchar uns días antes do día oficial da expulsión para pasar a fin de semana de incógnito en [[New York]].E antes de marchar vota un berro a todo o colexio como un sinal de rabia. Toma un tren e nel atópase coa nai dun compañeiro do colexio, á que conta mentiras encol do bo comportamento do rapaz.
 
Unha vez en New York, Caulfield alóxase nun hotel, desde onde chama a unha muller chamada Faith Cavendish, que traballaba de bailarina de ''striptease''. Ao non poder convencela para que salga con el, Caulfield baixa ao salón de baile, onde danza cun grupo de tres rapazas turistas.
Liña 47:
Nese momento ten unha reflexión vital: chega á conclusión de que o único que lle gustaría facer na vida é estar nun campo de centeo ao borde dun precipicio. No campo hai miles de nenos xogando, e el evita que caian polo abismo. El sería o vixía no centeo.
 
Caulfield pasa a noite en casa dun antigo profesor de literatura, o Sr. Antolini. Este, algo bébedo, consólao e ofrécelle o seu sofá para que durma alí.Holden pensa que Antolini é o único que o pode acoller. Caulfield sinte en medio da noite unha man sobre a súa cabeza, e descubre ao Sr. Antolini acariñándoo. Pensando que quere ter sexo con el, excúsase e marcha do apartamento.Pasa a noite na rúa e deprímese vendo unha revista onde todo parece estar encontra del.
 
Xa de mañá, Caulfield vai ao colexio da súa irmá pequena, Phoebe, e espera até a hora da saída. Ao saír, van dar un paseo, e Caulfield cóntalle o seu desexo de marchar ao outro lado do país en [[autostop]] e empezar unha vida nova. A súa irmá pídelle ir con el e el négase, e finalmente ela convénceo para que non fuxa. Logo leva a súa irmá a un parque onde adoitaban ir. Holden quere que Phoebe monte no carrusel, e se ben nun principio ela di que xa é demasiado maior, finalmente sube, e Caulfield ponse melancólico pensando na súa infancia mentres ve a súa irmá.
 
Ao longo da obra,Holden, narra e describe os lugares a onde vai sempre con moita subxectividade e, ás veces, ironía e humor.Segundo vai visitando diferentes lugares e estando con diferentes persoas, o protagonista móstrase como unha icona de rebeldía adolescente, xa que , na obra faise referencia ás drogas, ó alcohol(o mesmo Holden sendo menor de idade bebe alcohol) e a prostitución.
 
Holden fala sobre o seu odio aos hipócritas, di que non entende o sexo e vive situacións un tanto raras como cando está cunha prostituta que ao final o estafa etc.Malgasta moitos cartos e recoñece ser covarde en moitas situacións.
 
En resumo, o autor pretende, a través da historia deste rapaz, mostrar a realidade con claridade e reflexar no protagonista do relato a ansiedade adolescente os problemas que sofren , as reflexións que fai ,as conclusións que saca e o seu punto de vista da realidade.
 
==Personaxes==