Frank Capra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Traxectoria==
=== Primeiros anos ===
Con seis anos emigrou a Estados Unidos co seu pai Salvatore, a súa nai Rosaria Nicolosi e os seus irmáns Giuseppa, Giusepe e Antonia a bordo do buque “Germania”. O 23 de Maio chegaron a New York despois dunha viaxe que o propio Capra calificou de horrible. O 3 de Xuño chegaron a Los Ángeles, por aquel entón unha pequena cidade de aproximadamente 102.000 persoas. Alí, esperábaos o irmán maior Benedetto Capra.
 
É nesta cidade onde se asentaron e onde o director cursou estudos no Instituto Tecnolóxico de California. Despois de graduarse como enxeñeiro químico en 1918, convértese en instrutor de enxeñería do exército. No ano 1920 contáxiase coa enfermidade da gripe española e obtén a cidadanía estadounidense.
 
=== Carrera profesional ===
Frank Capra director e produtor estadounidense coñecido sobre todo polas súas comedias, logra o seu primeiro traballo importante como guionista de Mack Sennett. Entre 1926 e 1927 dirixiu tres películas mudas para Harry Langdon e de seguido incorporouse a Columbia Pictures onde tivo un gran éxito como director de comedias con personaxes atractivos, resonancias sociais e finais ledos pese a que Capra tiña capacidade para abordar diversos xéneros como nos mostra a súa filmografía. Durante estes anos traballou có guionista Robert Riskin (marido de Fay Wray) e o cámara Joseph Walker ata que en 1940 Riskin foi substituído por Sidney Buchman. A súa obra pode dividirse en dúas etapas que son a época dourada o longo da cal percibe numeroso premios pola súa labor como director e a súa obra como documentalista de guerra.
 
==== Época dourada ====
No ano 1934 Frank Capra recibe os premios da Academia de Cine, coñecidos na actualidade como os Óscar, por It Happened One Night. Con este filme Capra recibiu o galardón a mellor director, mellor película, mellor guión adaptado e os seus protagonistas, Clark Gable e Claudette Colbert, os galardóns a mellor actor e actriz respectivamente.
Durante os anos 30 Capra dirixiu unha serie de películas de corte espiritual e humanitario para Columbia Pictures cuxo filme máis coñecido é Mr. Deeds Goes to Town, polo cal Capra recibe en 1936 o seu segundo Óscar á mellor dirección. Nesta data destacan tamén as orixinais películas Lost Horizon, Mr. Smith Goes to Washington e You Can't Take It with You. Por esta última Capra recibe o seu terceiro Óscar á mellor película en 1938 uns catro anos despois do su gran éxito con It Happened One Night.
Tras dez anos sen dirixir comedias Capra regresa a este xénero coa comedia clásica Arsenic and Old Lace en 1944.
 
==== Documentalista de guerra ====
Nos anos corenta, mais concretamente entre 1942/1948 Capra produciu a película State of the Union e dirixiu ou co-dirixiu oito documentais de guerra entre os que atopamos: Prelude to War (1942), The Nazis Strike (1942), The Battle of Britain (1943), Divide and Conquer (1943), Know Your Enemy Japan (1945), Tunisian Victory (1945) e Two Down and One to Go (1945).
Recibiu o premio da Academia pola serie documental Why We Fight considerada unha obra mestra da propaganda de guerra. Esta serie consta de sete documentais cunha duración aproximada de 40-76 minutos encargados polo goberno dos Estados Unidos, durante a segunda Guerra Mundial, para demostrar os soldados estadounidenses a razón deste país de participar na guerra. Con esta serie, que posteriormente se mostrou a poboación civil, Capra pretendía non só convencer o país para entrar en guerra senón tamén motivar as tropas e obter a alianza da URSS.
 
==== Películas ====
===== Que fermoso é vivir =====
 
''[[Qué fermoso é vivir]]'' Gran clásico do cine norteamericano, que se remonta ao ano 1946. É un fermoso conto de nadal que fai que sexa a película máis emitida nesta temporada nos fogares de todo o mundo. Foi dirixida por Fran Kapra e protagonizada James Stewart e Donna Reed.
 
===== It Happened One Night =====
 
Imprescindible comedia clásica, na que Frank Capra tiña o don de construír unha película que resultase moi agradable para o público.
Liña 24 ⟶ 31:
Creo que este traballo de Capra é un road movie delicioso, cheo de ritmo e cun fino sentido do humor e un toque de orixinalidade, deixándonos descubrir o lado divertido desta película.
 
==== Última película ====
 
A última película de Capra Pocketful of Miracles data de 1961 e nela participaron os actores Glenn Ford e Bette Davis. Posteriormente o director intentou realizar unha película de ciencia ficción pero esta non superou a etapa de pre-producción.
De todas formas a obra de Capra é ampla xa que durante os últimos anos o director realizou series científicas para a televisión polo que chegou a abarcar unha gran variedade de xéneros. Tras retirarse do mundo do cine dedica o seu tempo a inspirar a novos cineastas. E o 4 de marzo de 1982 o American Film Institute homenaxeouno pola súa traxectoria co premio Life Achievement Award.
 
== Morte e legado ==
 
Frank Capra finou dun ataque ao corazón mentres durmía. Foi soterrado no camposanto de Coachella, California e ao seu funeral asistiu toda a plana maior de Hollywood.