Monbus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
As orixes da actual empresa Monbus iniciouse a comezos da década de 1930, cando Raúl López Loureiro comezou a súa actividade cunha simple camioneta dedicada ó transporte de mercancías e viaxeiros.
 
Despois da guerra, en concreto na década dos 40-50, esta actividade ampliouse cara o ámbito dos autobuses, que se encargaban de recorrerpercorrer os pobos da provincia de Lugo nos que se celebraba algunha feira o algún mercado, unha labor que só daba traballo uns poucos días ó mes, unha circunstancia que lles levou a introducirse tamén no terreo do transporte discrecional.
 
Nos anos 70, trala normativa promulgada polo Ministerio referente ó dereito ó transporte gratuíto por parte dos escolares, Monbus comeza a dar servizos nesta parcela, ó tempo que en 1975 o fillo do fundador da compañía, [[Raúl López López]], que ata entón colaborara con seu pai de maneira parcial, se inmiscúe plenamente na dirección da firma, cargo que segue desempeñando a data de hoxe.