Análise de contido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Mudando "File" e "Image" por "Ficheiro"
Tfeliz (conversa | contribucións)
m →‎As raíces: pequenos erros
Liña 7:
A '''análise de contido''' é un conxunto de técnicas propias do [[século XX]] que teñen as súas raíces na [[Hermenéutica]] que consiste na interpretación do textos sagrados, a [[Retórica]] que trata das formas persuasivas de expresión e a [[Lóxica]] que determina as regras formais dos razoamentos (Bardin, 1986).
A principios do século XX, Thomas e Znaniecki realizaron un estudo dos emigrantes polacos en [[Europa]] e [[América]] analizando documentos persoais (cartas, diarios), artigos de prensa e informes oficiais (op. cit., 1986). Lasswell realiza un estudo da propaganda durante a [[Primeira Guerra Mundial]]. Tamén encontramos diversos movementos analizando a prensa como a Escola de Periodismo de Columbia desde unha perspectiva esencialmente cuantitativa, recontando a presenza de determinadas palabras por exemplo (op. cit., 1986).
Unha das análises míasmáis famosas foi a das [[Cartas de Jenny]] que analizaron nos [[1940|corenta]] autores como [[Baldwin]], [[Allport]] e [[Paige]] desde diversas perspectivas. Osgood desenvolve nos [[1950|cincuenta]] unha das primeiras técnicas que denominou a [[Análise de continxencia]] que estuda a concorrencia de contidos nos textos. Este período está marcado por tendencias condutistas de corte cuantitativo preocupadas pola obxectividades, a sistematización e a cuantificación como no caso de autores como [[Berelson]] e [[Lazarsfeld]] (op. Citcit., 1986).
Até esta época, os autores máis relevantes son periodistas, psicólogos, sociólogos ou politicólogos. A partir dos cincuenta, empezan a aparecer etnólogos, psicanalistas, psiquiatras, historiadores e lingüistas que se abren a novas perspectivas e posibilidades mías flexíbeis. Aparecen entón contraposicións que perduran até a actualidade como os enfoques [[investigación cuantitativa|cuantitativo]] e [[investigación cualitativa|cualitativo]] ou a análise pegada ao texto (''representacional'') ou contextualizado (''instrumental'') (op. cit., 1986).