Les Mains sales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m Xas moveu a páxina "Les mains sales" a "Les Mains sales": As regras da ortotipografía en francés din que a primeira palabra dun titulo debe levar maiúscula
Sen resumo de edición
Liña 9:
Unha vez en liberdade, o primeiro que fai é ir á casa dunha amiga, chamada Olga, que tamén é militante do partido comunista. Olga con desconfianza e sorprendida pola súa pronta liberdade, ábrelle a porta e deixa que entre na súa casa. Hugo conta que está seguro de que cando estaba no cárcere o intentárono matar cuns bombóns que mandaban do exterior. Estando nesta casa chegan Charles e Frantz, militantes do partido, que veñen seguindo a Hugo dende que saíu de chirona, con intención de matalo por orden de Louis, xefe do partido. Mentres tanto Hugo atópase escondido na habitación de Olga.
 
A continuación, entra Louis na casa. Olga dille que non poden permitirse liquidar ao rapaz sen saber se é recuperable para o Partido. Ao que Louis contesta que Hugo era un pobre [[anarquista]] indisciplinado, un intelectual que só pensaba en adoptar actitudes, un burgués que traballaba cando lle viña en gana e que deixaba o traballo por calquera cousa. Olga puntualízalle que aínda tendo 20 anos matou a Hoederer diante do seu gardacostas e que se apañou para que parecese un crime pasional e non un asasinato político. Tamén lle di que traballaba co nome falso e que, salvo dúas persoas, ninguén o coñecía.
 
Chegan a un pacto. Se é recuperable a porta da casa estará pechada. Se non é recuperable abrirá a porta a media noite para que acaben con el.