Auditorio de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
 
Desde [[1996]] é a sede permanente da [[Real Filharmonía de Galicia]].
 
== Salas ==
* '''Sala Ángel Brage:'''
A ''Sala Ángel Brage'' é a sala principal do Auditorio de Galicia. Trátase dun espazo con capacidade para 1.002 espectadores e acondicionado para acoller representacións [[teatro|teatrais]], [[ballet]] e [[ópera]], así como concertos de música sinfónica e para a organización de congresos. Dispón dun escenario desenvolvido, foxo de orquestra e servizos anexos pero tamén se prevé a súa redución mediante unha caixa acústica e unha cortina, cando a súa utilización está destinada a concertos, solistas, conferencias, coloquios ou congresos.
 
A sala está decorada por un zócolo de nogueira manzonia con vernizado en dous tons e sobre el a parede é de cachotería. Na parte inferior e superior do zócolo hai unha liña continua de iluminación indirecta. O teito de madeira está deseñado de acordo coas necesidades acústicas e nel sitúanse focos luminosos e difusores de saída do aire acondicionado. No encontro do teito cos pavimentos verticais fórmase unha foxa para o alumeado indirecto.
 
Conta con oito vestiarios individuais con aseo anexo e catro colectivos con capacidade para 20 persoas. Baixo o escenario atópase un almacén de decorados e dúas salas de ensaio. A sala conta tamén con cabinas de tradución simultánea e proxección.
 
O ancho máximo da sala é de 2.650 cm, o fondo dende a boca 2.465 cm, a altura máxima é de 1.200 cm e a altura do piso 1: 209-2: 0- 3:0- 4:0-5:0. O escenario ten un ancho de garavata de 1.958 cm e de boca de 1.707 cm, mentres que o foxo de orquestra mide 1.958 cm e o foxo escénico 1.200 cm. De fondo ten unha garavata de 68 cm, unha boca de 1.262 cm, os ombros miden 1.200 cm, o foxo de orquestra 625 cm e o foxo escénico 860 cm. De alto ten unha boca de 917 cm, un escenario-peite de 2230 cm, un peite-teito cun máximo de 250 cm e mínimo de 250 cm. O escenario a platea ten 88 cm, o foxo de orquestra 180 cm e o foxo escénico 288 cm. A pendente do escenario é dun 1%, sen sistema de nivelación e o piso é unha tarima de piñeiro vermello cunha superficie de 204 metros cadrados.
 
* '''Sala Mozart:'''
É unha pequena sala con capacidade para 260 espectadores destinada entre outas actividades a concertos, conferencias e ensaios teatrais. A súa situación totalmente independente permite o seu uso de xeito simultaneo ás demais salas.
 
A ''Sala Mozart'' está pavimentada en linolio marrón por razóns acústicas, dispón dun zócolo de madeira clara con aplicacións de latón que serve para ocultar a iluminación indirecta. Os paramentos son de tixolo macizo pintado en branco.
 
Esta sala ten un ancho máximo de 1.483 cm, fondo desde boca de 1.269 cm e alto máximo de 586 cm. A altura do piso é de 1: 0- 2: 0- 3:0- 4:0 e 5:0. De ancho ten 1.483 cm de garavata e 1.483 de boca. O fondo ten unha boca de 745 cm. A altura é de 500 cm de boca, 673 cm de escenario-peite, 86 cm de escenario a platea. O escenario non ten pendente.
 
* '''Sala Isaac Díaz Pardo:'''
Trátase dun espazo expositivo de 1.000 [[metro]]s cadrados de superficie distribuídos de xeito irregular, con piares circulares cun módulo de separación de cinco metros. A cuberta está formada por un forxado de trabes planas e as instalacións penduradas quedan vistas con carrís eléctricos para a colocación de focos lumínicos.
 
O acceso prodúcese mediante unha suave rampa que remata nun cambio de dirección mediante uns chanzos que trasladan ao visitante a un nivel inferior do edificio. Ademais da ''Sala Isaac Díaz Pardo'', o vestíbulo tamén pode ser empregado como área de exposicións e se prevé a saída ao aire libre para a celebración de mostras ao aire libre.
 
* '''Sala Circular:'''
É unha pequena sala con capacidade para 50 persoas destinada á celebración de coloquios, conferencias de prensa ou presentacións. Esta sala ten a posibilidade de instalación dunha pantalla para a proxección de traballos multimedia. A ''Sala Circular'' está recuberta de madeira e recibe o seu nome pola forma da súa planta.
 
== Véxase tamén ==