Diferenzas entre revisións de «Imperio Romano de Occidente»

elimino ligazón a homónimos
m (r2.7.1) (Bot: Engado: lv:Rietumromas impērija)
(elimino ligazón a homónimos)
[[Ficheiro:Extent of Western Roman Empire 395.png|thumb|200px|Extensión do Imperio Romano de Occidente sobre o 395.]]
O '''Imperio Romano de Occidente''' é o nome que se lle deu á parte occidental do [[Imperio Romano]] despois da súa división por [[Diocleciano]] no ano [[286]]. Tivo unha existencia política separada tras a morte de [[Teodosio I]] ([[395]]), quen deixou a parte occidental do seu imperio a [[Honorio,Flavio EmperadorHonorio|Honorio]].
 
O Imperio Romano de Occidente finalizou oficialmente coa abdicación de [[Rómulo Augústulo]] o [[4 de setembro]] de [[476]] polas presións do xefe [[Xermania|xermánico]] [[Odoacro]].
== Decadencia Occidental, Prosperidade Oriental ==
 
Sendo xa notoria a decadencia no Imperio Romano ([[395]]), o emperador [[Teodosio I|Teodosio]] decidiu dividir o imperio entre os seus dous fillos, [[Arcadio]] e [[Flavio Honorio|Honorio]], para facilitar o manexo de tan vastas terras.
 
Os bárbaros penetraron o territorio do imperio romano despois da súa disolución.
División do Imperio Romano e principais pobos veciños
 
A metade Occidental coas penínsulas península Itálica e a Península Ibérica, as [[Galia]]s, a illa de [[Gran Bretaña]], o [[Magreb]] e as costas de [[Libia]] correspondeu ao seu fillo [[Flavio Honorio|Honorio]], mentres que a parte oriental (os [[Balcáns]], [[Anatolia]], [[Oriente Próximo]] e [[Exipto]]) pasou ao seu fillo Arcadio, converténdose co tempo no [[Imperio Bizantino]], nome tomado de [[Bizancio]], denominación grega da súa capital, [[Constantinopla]].
 
Honorio situou a súa capital en [[Milán]]. Xa desde había tempo, a metade occidental do Imperio Romano estivera sumida en continuas guerras civís polo poder, con xenerais que se rebelaban cada poucos meses e se autocoroaban emperadores alternativos, especialmente en [[Britania]] e as Galias. A este complicado cadro que facía tremendamente difícil manter o goberno sobre o Imperio de Occidente uníanse as continuas inxerencias dos pobos bárbaros, que se poñían alternativamente ás ordes duns ou outros contendentes ou rompían con todos entregándose ao saqueo segundo lles conviña. Por todo iso, Occidente sufriu de forma moito máis contundente as consecuencias da crise do [[século III]], mentres que Oriente lograba recuperarse aos poucos, a pesar de se afrontar de forma continua aos [[godos]] e os [[persas]], grazas aos ingresos que os ricos campos de Anatolia e sobre todo Exipto lle proporcionaban, a súa maior cohesión interna e a súa poboación máis abundante e menos afectada polas guerras civís, a corrupción e as pestes como ocorría en Occidente.
A crise apoderouse de forma irreversíbel de Occidente cando os [[visigodos]] baixo o mando de [[Alarico I]] se dirixiron a [[Italia]] no ano [[402]]. Nun primeiro momento, o xeneral romano de orixe [[vándalos|vándala]] [[Estilicón]], unha das últimas grandes figuras militares de Occidente, logrou pararlle os pés na [[Batalla de Pollentia]]. Para desgraza dos romanos, as tropas xa non abundaban tanto como antes e Estilicón só puido reunir homes suficientes retirando boa parte dos que vixiaban a fronteira do río [[Rin]]. A resultas de iso, no Nadal do [[406]] os vándalos, [[suevos]], [[francos]] e, en menor medida, os [[xépidos]], [[alanos]], [[sármatas]] e [[hérulos]], cruzaron de forma masiva o río xeado e se estenderon como unha praga por toda a Galia e logo por [[Hispania]], saqueando todas as cidades ao seu paso. Pouco despois Alarico volveu a ameazar a Roma esixindo o pagamento de importantes tributos, mentres en Britania un novo usurpador se coroaba a si mesmo como [[Constancio III]]. Estilicón mostrárase incapaz de atallar a crise e foi executado en [[408]].
 
As tropas romanas abandonaron Britania mentres era invadida por novos continxentes bárbaros co fin de acalmar a situación na Galia, pero pouco puideron facer. En todo o Imperio a autoridade romana desaparecía, e só as sucesivas capitais de Milán e [[Ravenna]] contaban con forzas suficientes. Con este cadro, a Alarico foille doado chantaxear á abandonada cidade de [[Roma]] cercándoa sucesivamente en 408 e 409, retirándose cando obtiña o ouro convido co [[Senado]]. Pero o último ano non se lle puideron entregar as 4000 pezas esixidas e ordenou saquear a cidade en [[410]]. Tal feito foi visto polos propios romanos como o fin dunha Era e unha aldraxe inimaxinábel, pois a cidade que conquistara o mundo caía agora presa dos bárbaros. Alarico dirixiuse logo a [[Nápoles]] con intención de embarcar e saquear [[África]], pero morreu polo camiño. Sorprendentemente, [[Gala Placidia]], irmá do emperador [[Flavio Honorio|Honorio]] (refuxiado en Ravenna) que fora capturada en Roma, conseguiu convencer aos visigodos para que asinasen a paz e se aliaran cos romanos. Selou esta alianza casando co novo rei visigodo, [[Ataúlfo]], ao cal se lle cedeu a [[Aquitania]] en [[412]] co fin de que restablecese a autoridade romana sobre a Galia, e o conseguiu tras longas guerras con outros pobos bárbaros. Posteriormente, os godos recibirían tamén a encarga de restablecer a orde sobre Hispania, o que conseguiron cunha ''pequena'' consecuencia: ao expulsar aos vándalos de Hispania en [[429]], estes dirixíronse a África e arrasárona, tomando [[Cartago]]. Alí apoderáronse do que quedaba da flota romana e aprenderon a arte de navegar, estendendo o seu novo imperio marítimo sen problemas por [[Córsega]], [[Sardeña]], parte de [[Sicilia]] e as [[Baleares]]. Saquearon tamén moitas cidades, incluída de novo Roma en [[455]]. Os romanos perdían o dominio dos mares e a súa principal reserva de [[cereal|cereais]], a do Norte de África.
 
=== Os Hunos ===
52.348

edicións