Hipatia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rezabot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: bg:Хипатия
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 58:
Dise que Cirilo era inimigo seu, teméndoa e admirándoa ao tempo. Pero en consonancia coa época, nin comprendía nin consentía que unha muller se dedicase á ciencia. Creou un ambiente de odio e fanatismo contra ela asignándolle o papel de meiga.
 
En marzo de [[415]],<ref>Segundo Sócrates Escolástico (''Historia ecclesiastica'', VII, 15) a morte de Hipatia ''"sucedeu no cuarto ano do episcopado de [[Cirilo]], sendo [[Cónsul romano|cónsules]] [[Flavio Honorio|Honorio]] por décima vez e [[Teodosio II|Teodosio]] por sexta, durante o mes de marzo, no [[Coresma|tempo dos xexúns]]"''. O ano dos consulados é 415, pero o cuarto ano do episcopado de Cirilo foi 416, tendo en conta que, segundo o propio Sócrates Escolástico, o seu predecesor Teófilo faleceu o 17 de outubro de 412. Os historiadores non se poñen de acordo en cal das datas é a correcta.</ref> <ref>Toohey, Sue (2003): [http://www.skyscript.co.uk/hypatia.html ''The Important Life & Tragic Death of Hypatia''] {{en}}</ref> Hipatia foi asasinada por un grupo de monxes da igrexa de San Cirilo de Xerusalén. Os feitos foron recollidos por un bispo de Exipto do [[século VII]], Xoán de Nikio, xustificando asemade a masacre daquel ano contra os [[xudeu]]s de Alexandría. Conta como un grupo de cristiáns ''atolondrados'', ''impetuosos'' e ''violentos'', seguidores dun lector chamado Pedro foron na súa busca, golpeárona, espírona e arrastrárona pola cidade até o templo Cesáreo, onde a cortaron con buguinas afiadas até a súa morte. Despois, despezárona e queimárona nun lugar chamado Cinaron. Deste xeito estaban a dar morte a algo que consideraban como ''[[idolatría]]'' e ''[[herexía]]''.
 
Orestes, o prefecto romano amigo e exalumno de Hipatia informou e pediu a Roma unha investigación. Por "falta de testemuñas" atrasouse até que chegou un momento no que o propio Cirilo asegurou que Hipatia estaba viva e que habitaba en [[Atenas]]. Orestes tivo que fuxir, abandonando o seu cargo.<ref> [http://books.google.es/books?id=2MjpNlFRCU0C&printsec=frontcover&dq=hipatia#v=onepage&q&f=false Hipatia de Alejandría. Ed. Siruela]</ref> <ref>Fernández, Gonzalo (1985): "La muerte de Hipatia" in ''Erytheia'', nº 6/2. [http://interclassica.um.es/investigacion/hemeroteca/erytheia/numero_6_2_1985/la_muerte_de_hipatia InterClassica.]</ref>