Antemio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: vi:Anthemius
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 21:
Ao respecto dos bárbaros, os vándalos eran o maior problema. Xa a finais do [[467]] se tenta facer unha invasión do reino vándalo en África, pero o mal tempo fai deixalo para mellor ocasión. Porén, no [[468]], realízase unha expedición conxunta de oriente e occidente, formada por 1100 barcos e mais de 100.000 homes, e comandadas por ''Marcelino'' polo oeste e ''Basilisco'' polo Oriente. Esta campaña militar comeza ben, xa que parte de Sicilia é reconquistada, e pola parte de África, conquístase de novo Libia e Trípoli, vaise en dirección a Cartago por terra, enviando a flota cara o seu porto, e Xenserico destrúea enviando barcos incendiados, o que fai recuar o exército e a campaña ao final é un fracaso, ademais de moi custosa. Xenserico tardará en recuperarse dos danos na súa flota.
 
Na Galia, Antemio tenlle que facer fronte ao ambicioso rei visigodo [[Eurico]]. Antemio firmara un tratado de amizade co rei dos bretóns armoricanos [[Riothamus]] (que algúns identifican co [[rei Arturo]] da lenda) no [[469]]. Pero estes atacan os visigodos no seu territorio e toma a cidade de [[Bourges]]. Non obstante, os visigodos opoñen un gran exército, e os romanos non lles poden enviar axuda antes de que o exército estea moi danado, polo que se ten que retirar cara o seu territorio. Dous anos despois, un exército romano chega ao [[río Ródano|Ródano]], aínda que tamén é derrotado por [[Eurico]]. Este é o derradeiro intento romano de reconquistar as Galias, xa que o único territorio que lle quedaba na antiga provincia era os arredores de Marsella. Poucos contactos ten xa coma emperador cos antigos territorios. Dende Hispania, só mantén contactos coa provincia Tarraconense e cos suevos de Galicia, que envían unha embaixada a Roma.
 
== A súa morte ==