Diferenzas entre revisións de «Libio Severo»

arranxos
(arranxos)
[[Teodorico II]] propón o seu candidato e como tal envía embaixadas a Oriente para que sexa aceptado. O mesmo fai o vándalo [[Xenserico]], que propón o seu neto, xa que o seu fillo [[Henerico]] casara coa irmá de [[Honorio]], [[Eudocia]], raptada no saqueo de [[Roma]]. Porén, é [[Ricimero]] quen nomea en [[Ravenna]] o novo emperador na persoa de '''Libius''' '''Severus''', coñecido coma ''Serpentius'' e natural de [[Lucania]]. Foi un 19 de Novembro do [[461]].
 
Pero [[León I, Emperador|León I]] propoñíase de tomar o control dos restos do Imperio de Occidente, e non recoñeceu este nomeamento, xa que tiña o seu propio candidato con [[Antemio]], xenro de [[Marciano]].
 
== O seu reinado ==
'''Libio Severo''' estaba baixo o control total de [[Ricimero]], que era de xeito quen controlaba o estado. Aínda que as posesións do Imperio estaban case limitadas a Italia, tivo que lle facer fronte á rebelión de [[Aegidus]], partidario do emperador [[Maioriano]], quen non recoñece o nomeamento e se rebela contra o novo emperador.
 
No [[462]], diríxese a [[Narbona]] para atopar unha alianza dos visigodos na loita contra [[Aegidus]], e chega a un acordo co conde ''Agripinus''Agripino, rival de Aegidus. Este morre no [[465]] en [[Arlés]] e a autoridade romana queda restaurada.
 
Poucas das accións ocorridas baixo o seu reinado son coñecidas, xa que a maior parte delas foron atribuídas a Ricimero, converténdose este emperador nun monicreque nas mans do xeneral ariano. Os ataques de parte dos vándalos ás costas de Italia por parte de Xenserico, para empurrar polo nomeamento do seu candidato [[Olibrio]]. A pesar das embaixadas enviadas a Oriente, non é recoñecido, e como os ataques dos vándalos contra as costas italianas continuaban, estas embaixadas eran imperiosas, xa que os ataques se estenden ao Peloponeso grego, o que fai que [[León I, papaEmperador|León I]] nomee como emperador do Oeste o seu candidato [[Antemio]] no [[467]]. Pero antes, '''Libio Severo''' xa deixara de serlle útil a [[Ricimero]].
 
== A súa morte ==
52.368

edicións