Libio Severo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 17:
Poucas das accións ocorridas baixo o seu reinado son coñecidas, xa que a maior parte delas foron atribuídas a Ricimero, converténdose este emperador nun monicreque nas mans do xeneral ariano. Os ataques de parte dos vándalos ás costas de Italia por parte de Xenserico, para empurrar polo nomeamento do seu candidato [[Olibrio]]. A pesar das embaixadas enviadas a Oriente, non é recoñecido, e como os ataques dos vándalos contra as costas italianas continuaban, estas embaixadas eran imperiosas, xa que os ataques se estenden ao Peloponeso grego, o que fai que [[León I, papa|León I]] nomee como emperador do Oeste o seu candidato [[Antemio]] no [[467]]. Pero antes, '''Libio Severo''' xa deixara de serlle útil a [[Ricimero]].
 
== A súa Mortemorte ==
 
A desaparición de '''Libio Severo''' ocorre no outono do [[465]]. Non obstante, algúns historiadores romanos datan a súa morte en Agosto, o día 15, aínda que tamén se observa que algunhas leis firmadas por el foron publicadas o 25 de Setembro. Segundo [[Casiodoro]], foi envelenado por [[Ricimero]] no seu Palacio de Roma, mentres que o historiador [[Sidonio Apolinar]], case o seu contemporáneo, data a súa morte no [[468]] de xeito natural. O certo é que '''Libio Severo''' non deixou pegada algunha e forma parte da lista dos emperadores sen sombra.