Diferenzas entre revisións de «Shabat»

m
→‎Honrar o Shabat: Idade Antiga
m (→‎O Shabat no mundo non xudeu: Igrexa Adventista do Sétimo Día)
m (→‎Honrar o Shabat: Idade Antiga)
Outro mandamento, de carácter [[rabino|rabínico]], para honrar a festividade é o [[aceso das candeas]] antes de iniciar o Shabat, o [[venres]] pola tarde. Este mandamento foi feito preferentemente para a [[muller]], aínda que en caso de non haber ningunha muller na casa pode ser levado a cabo por un [[home]]. Abonda con prender un minimo de dúas [[candea]]s as, aínda que se chegan a prender máis segundo diferentes [[costume]]s.
 
Outras formas nas que se honra o Shabat é comendo e vestindo dun xeito agradable. adóitase comer [[peixe]] así como [[carne]] nas comidas de Shabat, e comida quente (que se deixou quentando dende antes de Shabat, segundo as leis apropiadas). Acostúmase a comer tres comidas en Shabat (a diferenza do costume de comer dúas comidas ao día na [[Idade Antiga |antigüidade]]). Para cumprir con este precepto faise un xantar lixeiro chamado ''seuda shelishit''(terceira comida) en [[hebreo]] ou ''ben shalosh seudos'' en ''[[idish]]''. Nas comidas de Shabat adóitase a cantar [[canción]]s tradicionais chamadas ''zemirot'', así como [[melodía]]s [[xasidismo|xasídicas]].
 
Ese día debe vestirse roupa limpa, e antigamente adoitábase a empregar pezas brancas, aínda que hoxe en día isto é inusual. Os [[xasidismo|xasidís]] [[home]]s visten de xeito especial, cun sombreiro de pel chamado ''[[shtraimel]]'' e un saco longo de seda chamado ''[[bekishe]]''. Nalgunhas outras comunidades úsase vestimenta formal.
102.492

edicións