Javier de Burgos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m provincia de Granada
m →‎A creación das provincias: Francisco Cea Bermúdez
Liña 5:
 
== A creación das provincias ==
Regresou a [[Madrid]] en [[1819]] e en [[1822]] foi nomeado director do Imparcial, xornal ao redor do cal se reuniron os afrancesados portadores das novas ideas. O seu labor como xornalista compaxinábase co labor como escritor, destacando a súa "Biografía universal antiga e moderna", unha tradución do francés que publicou moi reformada e ampliada en varios tomos. De [[1827]] a [[1833]] desempeñou distintos cargos de importancia na Administración. En [[1833]], ao comezo do reinado de [[Isabel II de España|Isabel II]], baixo a rexencia de [[María Cristina de Borbón]], foi nomeado Secretario de Estado de Fomento baixo o ministerio de [[Francisco Cea Bermúdez|Cea Bermúdez]] e foi nese cargo no que estableceu a división territorial por provincias, baseándose nas formulacións do [[Novo Réxime]] pero tomando como base a antiga división en reinos da monarquía borbónica. O decreto foi aprobado o [[30 de novembro]] e o [[22 de decembro]] dese mesmo ano foi nomeado Ministro de Facenda. Foi senador e conselleiro real e en [[1846]] co primeiro goberno de [[Narváez]] ministro da Gobernación, cargo que deixou nese mesmo ano ao ser nomeado Francisco Javier de Istúriz á fronte do goberno.
 
Durante os seus últimos anos volveu cultivar a poesía e ademais da revisión da tradución de Horacio xa mencionada escribiu poesía de circunstancias sendo de destacar unha canción fúnebre á morte da raíña [[Isabel de Bragança]], unha oda ao casamento do rei Fernando VII con María Cristina de Borbón, aínda que destacou entre todas elas a súa Oda á Razón e Ao porvir. Tamén destacou moi cedo como comediógrafo e unha peza súa no xénero, ''Os tres iguais'', foi, por certo, a causa do desterro do grande actor Isidoro Máiquez. Ao morrer deixou inacabados uns Anais do reinado de Dona Isabel II, que concluíu o seu fillo Augusto.