Urco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
En Asturias existiu tamén a crenza no urco, pero no tocante a ese nome
e a ese animal fabuloso di o mitólogo asturiano Cabal: «En tiempos antañones se debió llamar herco todo lo que llegaba hasta nosotros como aviso de la tumba. Huerco, la sombra del futuro muerto; huerco, el ataúd en que se metía; huerco, el perro que aullaba por la noche...; y huerco, todo animal agorero de igual significación».
 
O Urco é unha sorte de can de grande corpo, negro coma a noite e peludo tal que un castrón ; cunhas orellas moi cumpridas e uns cornos pequenos, ademais dun rabo mouro tamén como toda a pelaxe, semellante á do can, mais cunha presa de cabelos coma dun xeme de longo no cabo, imitante a un pincel.
O Urco non adoita verse doadamente - e máis vale así - pois agáchase nas fochas entre os penedos das ribeiras do mar, e a súa presencia coñécese polo seu oubeo. Porque este oubeo é coma un forte e chión asubío laioso, que parece que, ó se escoitar, xea o sangue nas veas e estarrece o corpo todo nun arreguizo de pavura, coma se a un lle chantasen un coitelo no peito. E ten que ser así, porque sempre que o laio mendoñento de tal oubeo se deixou ouvir, aconteceu unha desgracia: alguén morreu sen se saber como nin por que, pois aparentemente os accidentes non tiñan explicación posible.
- ¿E daquela? - pregunteille ó vello mariñeiro que me falaba disto.
- Eu asmo que o urco ten unha boca de beizos mois grosos que forman, como o da lamprea, umha sorte de tubo que zuga con grande forza.
-¿O sangue, cal os vampiros? - demandei interesado.
-Non, a alma - respondeume.
-Logo, ¿vostede coida...?
-Eu coido que o urco é un demo do inferno que zuga as almas.. ¿Vostede non sabe que hai persoas envexosas e ruíns que finxen ser amigos dun, e andan alpurnando de nós soterreiramente e fannos todo o mal que poden? Pois a eses é a quen lles come a alma o urco.
O vello calou. Eu tirei a petaca e ofrecinlle tabaco. El cargou a cachimba, aplicoulle un misto e botou unhas bocanadas de fume...