Sedimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.4.3) (Bot: Engado: simple:Sediment
Liña 5:
Os sedimentos son partículas non consolidadas, creadas pola [[meteorización]] e a [[erosión]] das rochas, pola [[precipitación química]] de solucións acuosas ou pola secreción de organismos e transporte polas augas, o vento e os [[glaciar]]es.
 
Os sedimentos que se acumulan no fondo dun corpo de auga son de gran valor para o estudo dos ecosistemas, dado que conservan o rexistro histórico do que sucedeu no lugar. As substancias tóxicas vertidas ao auga, por exemplo, tenden a depositarse no sedimento, e se este se remove, poden volver a quedar suspendidas, permanecendo novamente a disposición e afectando aos [[ser vivo|organismo]]s dese ambiente.
 
Se denomina "sedimento" a todo tipo de depósito formado por partículas —de natureza mineral e biolóxica— transportado por fluídos, especialmente a auga e o aire. Algúns autores fan unha distinción entre o material que se transporta e aquel xa depositado. O sedimento do fondo non é inerte, nel acumúlanse diferentes substancias que forman parte do ambiente acuático. É parte activa do sistema, xa que reprocesa por medios químicos, físicos e biolóxicos o material que contén, e incluso serve como hábitat para diversos organismos: dende [[bateriabacteria]]s, [[Fungo (bioloxía)|fungo]]s, [[Animal|animais]] e vexetais microscópicos ata organismos maiores e máis complexos, e incluso [[peixe]]s.
 
Actualmente, hai un grande interese no estudo dos sedimentos debido aos problemas de [[contaminación]]. Os contaminantes son compostos químicos presentes no ambiente nunha proporción maior á natural. Vólvense contaminantes se a súa cantidade (ou a súa forma) permite que sexan inxeridos ou incorporados polos seres vivos do ambiente acuático, os consumidores desos organismos ou os usuarios do ambiente ou da auga. Gran parte dos contaminantes atopados a día de hoxe nos ambientes acuáticos proveñen de actividades humanas. Os contaminantes que se verten nun sistema acuático se denominan no sedimento cando a velocidade da corrente diminúe, e poden liberarse de modo gradual na columna de auga. Nese caso, os sedimentos actúan como fonte difusa deses compostos, aínda despois de que a fonte primaria de contaminación se desactive. Por esta razón os sedimentos dalgúns lugares están moi contaminados e deben "vixiarse" constantemente. Un exemplo é o [[Lago Orta]], no norte de [[Italia]], monitoreado dende hai máis de 60 anos debido á intensa contaminación por metais.