Ribeiro (viño): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m + imaxe
m →‎Historia: Fungo (bioloxía)
Liña 8:
Nos [[século XIV|séculos XIV]] e [[século XV|XV]], exportábase amplamente a Europa, aos reinos de [[Francia]], [[Portugal]], [[Inglaterra]] e [[península Itálica|italianos]]. O viño transportábase polo [[río Miño]] ata podelo embarcar. Hai constancia de que en [[1592]] se embarcaron no [[porto de Ferrol]] 127 pipas de ribeiro que custaron 190 reás.
 
A principios do [[século XIX]] e como consecuencia das [[Guerras Napoleónicas|guerras napoleónicas]], os ingleses tiñan dificultade para mercar o viño de [[bordeos (viño)|Bordeos]], e decidiron investir na comarca. Pero o [[diocese de Tui-Vigo|bispo de Tui]] prohibiu o comercio con Inglaterra por [[anglicanismo|motivos relixiosos]]<ref>[http://www.soitu.es/participacion/2008/12/02/u/rinconga_1228214385.html Ribeiro de cine (¿Pedro Almodóvar viticultor?)], ''[[Soitu]]'', 2/12/2008</ref>. A esta prohibición da exportación ao Reino Unido sumóuselle en [[1850]] a praga de [[oidium]], un [[Fungo (bioloxía)|fungo]] que en pouco tempo decimou os viñedos. En [[1892]] chegaron novas pragas, o [[mildeu]] e a [[filoxera]], co que se produciu unha substitución das variedades autóctonas ([[treixadura (uva)|treixadura]], [[torrontés]], [[godello]], [[loureira]], [[albariño (uva)|albariño]]) por variedades máis resistentes e de peor calidade, fundamentalmente a [[palomino]].
 
En [[1932]] é recoñecido como [[denominación de orixe]]. O [[Consello regulador]] creouse en [[1956]] por unha orde ministerial que foi modificada xa varias veces, a última en [[2004]]. Nos últimos anos do [[século XX]] a produción e a exportación de viño do ribeiro viviu unha revitalización.