Abrir o menú principal

Cambios

m
 
== Beneficios da microbioloxía ==
Historicamente, os microorganismos foron vistos de xeito negativo por mor da súa asociación con moitas enfermidades humanas. Con todo, os microorganismos patóxenos son unha porcentaxe moi minoritaria dentro do total de microorganismos, a maioría dos cales desempeñan papeis absolutamente imprescindibles e que de non existir farían inviable a vida na Terra. Algúns exemplos son as bacterias que fixan nitróxeno atmosférico (posibilitando a vida dos organismos vexetais), as bacterias do ciclo do carbono (indispensables para reincorporar ao chan a materia orgánica) ou a multitude de microorganismos que viven de xeito simbiótico no noso tubo dixestivo, sen os cales a dixestión non sería viable. Así pois, os "organismos superiores" (animais ou plantas) non poderiamos vivir de non ser polas funcións desempeñadas por estes seres microscópicos. Ademais, teñen amplas aplicacións no terreo industrial, como as fermentacións (p.e. para a produción de [[bebida alcohólicasalcohólica|bebidas alcohólicas]] ou [[produtos lácteos]]), a produción de [[antibiótico]]s ou a doutros produtos de interese farmacéutico ou biotecnolóxico (hormonas, enzimas, etc.). Finalmente, cabe tamén destacar o papel esencial que os microorganismos xogan nos laboratorios de investigación biolóxica de todo o mundo como ferramentas para a clonación de xenes e a produción de proteínas.
 
=== Refutación da teoría da xeración espontánea ===
99.630

edicións