Abrir o menú principal

Cambios

m
célula eucariótica
A '''microbioloxía''' é a ciencia encargada do estudo dos [[microorganismo]]s, seres vivos pequenos (de ''mikros'' "pequeno", ''bios'', "vida" e ''logos'', "estudo"), tamén coñecidos como [[microbios]]. É a rama da [[bioloxía]] adicada a estudar os organismos que son só visibles a través do [[microscopio]], seres vivos microscópicos que poden estar constituídos por unha soa [[célula]] (unicelulares) ou por pequenos agregados celulares formados por células equivalentes (sen [[diferenciación celular]]), como os procariontes ou [[procariota]]s (células carentes de núcleo, como as [[bacteria]]s ou os [[virus]], aínda que moitos non consideran os virus como seres vivos estritamente falando) e eucariontes ou [[célula eucariótica|eucariota]]s (células con núcleo, tales como fungos e protistas). Con todo, a microbioloxía tradicional ocupouse especialmente dos microorganismos patóxenos entre bacterias, virus e fungos, deixando a outros microorganismos en mans da [[parasitoloxía]] e outras ramas da bioloxía.
 
Aínda que os coñecementos microbiolóxicos de que se dispón na actualidade son moi amplos, aínda é moito o que queda por coñecer e constantemente efectúanse novos descubrimentos neste campo. Tanto é así que, segundo as estimacións máis habituais, só un 1% dos microbios existentes na [[biosfera]] foron estudados ata o momento. Polo tanto, a pesar de que pasaron máis de 300 anos desde o descubrimento dos microorganismos, a ciencia da microbioloxía áchase aínda na súa infancia en comparación con outras disciplinas biolóxicas tales como a [[zooloxía]], a [[botánica]] ou mesmo a [[entomoloxía]]. Ao tratar a microbioloxía sobre todo os microorganismos [[patóxeno]]s para o home, relaciónase con ramas da medicina como [[patoloxía]], [[inmunoloxía]] e [[epidemioloxía]].
99.632

edicións