Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de 213.60.199.25 (conversa); cambiado á última versión feita por Atobar
Liña 1:
 
{{Partido Político
|nome = Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG)
Liña 15 ⟶ 14:
|filiación internacional = [[Alianza Libre Europea]]<br><small>(Como membro do [[BNG]])</small>
}}
O '''Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista''' ('''PNG'''-'''PG''') é un partido nacionalista centrista-liberal, que encarna e representa os principios do Partido Galeguista de Castelao, estivo integrado no [[BNG]] ata o [[17 de marzo]] de [[2012]]<ref>[http://praza.com/politica/432/o-png-da-un-paso-fora-do-bloque-para-sumar-forzas-no-proxecto-que-galiza-precisa/ O PNG dá un paso fóra do Bloque para "sumar forzas no proxecto que Galiza precisa", Praza Pública, 17 de marzo de 2012]</ref>.
== Traxectoria ==
 
A orixe do PNG está nunha escisión de [[Coalición Galega]]. Tiña 132 militantes en [[2002]], aínda que chegou a contar con máis de 500 pouco despois súa fundación. [[Xosé Henrique Rodríguez Peña]] foi o seu Secretario Xeral ata a súa morte en [[agosto]] de [[2006]]. Foi substituído por [[Iago Tabarés]]. A raíz da celebración, o 25/09/2011, do seu VIII Congreso Nacional foi elixido secretario xeral [[Xosé Mosquera Casero]]. O partido conta con tres representantes no Consello Nacional do BNG.
 
Fundado en xaneiro de [[1987]] como Partido Nacionalista Galego (PNG) cando un sector de Coalición Galega liderado por [[Pablo González Mariñas]] e Xosé Henrique Rodríguez Peña promove unha organización máis progresista e nacionalista, en total conta con 5 deputados no [[Parlamento de Galicia]]. Posteriormente unéselle o pequeno [[Partido Galeguista Nacionalista]] dando lugar ao PNG-PG. En setembro de [[1987]] o PNG-PG apoiou a moción de censura contra o goberno de [[Xerardo Fernández Albor]] e entra no goberno de [[Fernando González Laxe]] facéndose con dúas consellerías, a de Presidencia para González Mariñas e Pesca para Rodríguez Peña, pouco despois dous dos seus deputados, [[Carlos Mella]] e [[Luís Cordeiro]] deixaron o partido. Tralos malos resultados das eleccións autonómicas de [[1989]] o PNG-PG intégrase no [[BNG]].