Bieito Cupeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
arranxiños
Xas (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Viviu en [[Barallobre, Fene|Barallobre]] ata os 22 anos, mais no [[1936]] emigrou para a [[Arxentina]], onde o seu pai residía dende había tempo. Botaba de menos a súa terra, sentindo unha forte [[morriña]] polo clima de [[galeguidade]] alí existente. En [[1941]], decidiuse por [[Bos Aires]], onde xa se desenvolvía unha forte e intensa vida cultural. En [[1945]] comezou a vencellarse á [[Federación de Sociedades GalegasGallegas Agrarias y Culturales]], onde moi axiña pasou a integrar a Comisión de Cultura, que redactaba o xornal ''[[Galicia (Xornal)|Galicia]]''. En [[1947]] coñeceu a [[Castelao]], integrándose no grupo da [[Irmandade Galega]] fundado polo guieiro.
 
Foi colaborador do xornal ''A Nosa Terra'' e mentor e asesor das [[Mocidades Galeguistas]], organización da que xurdiría [[Xosé Neira Vilas]]. Director da revista ''Orzán'', tamén colaborou con ''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]'', editada en México. A súa verba afervoada, a súa fogosidade, a súa patriótica vehemencia, tiveron neste loitador inclaudicábel un dos expoñentes máis insignes de [[Ferrol|Ferrolterra]]. Pero a súa verdadeira dimensión, a súa verdadeira transcendencia acadouna como educador. En [[1979]], o [[Instituto da Cultura Galega]] organiza unha serie de cursos, onde durante toda a semana, e cun esforzo notábel, impartía clases de [[Historia]], [[Xeografía]], [[Arte]], [[Lingua]]... a máis de duascentas persoas que día a día enchían os salóns. En [[1983]] foi substituído, mais en [[1985]] recomezou ese labor noutra entidade, o [[Fogar de Ribadumia]].