Segismundo Moret: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 20:
O 1 de decembro de 1905, tras a dimisión de Montero Ríos, encárgase por fin da xefatura do goberno (1905-1906). Fixo aprobar a [[Lei de xurisdicións]], que conseguiu satisfacer os militares descontentos despois dos feitos do [[¡Cu-cut!]]. O atentado de Mateu Morral contra [[Alfonso XIII]] (maio de 1906) vaino obrigar a dimitir en xullo ó non contar con maioría suficiente nas Cortes. Volveu a desempeñar brevemente o cargo do 30 de novembro ó 4 de decembro do mesmo ano.
 
Tras a caída de [[Antonio Maura]] a raíz da Semana Tráxica de Barcelona en [[1909]], conseguirá a presidencia do goberno por última vez ó tempo que desempeñaba a carteira de Gobernación, pero terá que dimitir novamente ó non conseguir a disolución das Cortes para obter unha maioría que apoiase o seu proxecto. Será substituído por [[Canalejas]] en 1910.
 
En 1912, cando Canalejas foi asasinado, o goberno de Romanones elixiuno como presidente do Congreso dos Deputados, cargo que desempeñou deica a súa morte.