ADN mitocondrial: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Uso na identificación de persoas e estudo de relacións filoxenéticas: Alexandra Fiodorovna Romanova |
m →Uso na identificación de persoas e estudo de relacións filoxenéticas: Filipe de Edimburgo |
||
Liña 220:
No ser humano o ADNmt ten 16.569 [[par de bases|pares de bases]],<ref>http://chemistry.umeche.maine.edu/CHY431/MitoDNA.html</ref> que representan só unha pequena fracción do ADN total da célula. A diferenza do ADN nuclear, que se herda dos dous proxenitores e que sofre o proceso da [[recombinación]] xenética, no ADNmt non hai normalmente cambios de pais (nais, en realidade) a fillos. O ADNmt tamén se recombina, pero só con copias de si mesmo dentro da mesma [[mitocondria]]. Por causa disto e de que a frecuencia de mutación do ADNmt animal é maior ca a do nuclear,<ref name=Brown>{{cite journal | author=Brown WM, George M Jr., Wilson AC |year=1979 | title=Rapid evolution of mitochondrial DNA | journal=Proc Natl Acad Sci USA | volume=76 | pages=1967–1971 |pmid=109836 | doi=10.1073/pnas.76.4.1967 | issue=4 | pmc=383514}}</ref> o ADNmt é unha poderosa ferramenta para trazar liñaxes matrilineais, e foi usado para rastrear os antepasados de moitas especies desde centos de xeracións.
O ADNmt pode usarse tamén para identificar individuos.<ref>{{cite journal | author=Brown WM |year=1980 | title=Polymorphism in mitochondrial DNA of humans as revealed by restriction endonuclease analysis | journal=Proc Natl Acad Sci USA |volume=77 | pages=3605–3609 | pmid=6251473 | doi=10.1073/pnas.77.6.3605 | issue=6 | pmc=349666}}</ref> Os laboratorios forenses usan ocasionalmente comparacións de ADNmt para identificar restos humanos, e especialmente para identificar restos esqueléticos antigos. Porén, a diferenza do ADN nuclear, o ADNmt non é específico dun individuo, pero pode usarse en combinación con outras evidencias (probas antropolóxicas, evidencias circunstanciais, etc.) para establecer a identificación. O ADNmt tamén se usa para excluír posibles coincidencias entre persoas desaparecidas e restos identificados.<ref>[http://www.ancientdna.com/forensic.html Paleo-DNA Laboratory - Forensic Services<!-- Bot generated title -->]</ref> Moitos investigadores cren que o ADNmt é mellor para identificar esqueletos antigos ca o ADN nuclear porque o gran número de copias existentes por cada célula incrementa a posibilidade de obter mostras útiles, e porque unha coincidencia cun parente vivo é posible mesmo se están ambos separados por numerosas xeracións maternas. Os restos do bandido norteamericano [[Jesse James]] foron identificados por medio dunha comparación entre o ADNmt extraído dos seus restos e o ADNmt dos fillos por liña materna da bisneta da súa irmá.<ref name="pmid11210907">{{cite journal |author=Stone AC, Starrs JE, Stoneking M |title=Mitochondrial DNA analysis of the presumptive remains of Jesse James |journal=J. Forensic Sci. |volume=46 |issue=1 |pages=173–6 |year=2001 |month=January |pmid=11210907 |url=http://www.eva.mpg.de/genetics/pdf/Stone.JFS.2001.pdf}}</ref> De xeito similar, puideron identificarse os restos da última emperatriz de Rusia, [[Alexandra Fiodorovna Romanova|Alexandra Fiodorovna]], e os seus fillos por comparación do seu ADNmt co do [[Filipe de Edimburgo|Príncipe
[[Ficheiro:Map-of-human-migrations.jpg|thumb|right|350px|Modelo da orixe africana e as posteriores migracións do ser humano, baseado en estudos do ADNmt.]]
|