Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Estrutura: Fungo (bioloxía)
== Xenoma mitocondrial ==
=== Estrutura ===
Nos humanos (e probablemente nos animais en xeral), están presentes en cada célula de 100-10.000 copias do ADNmt (o [[óvulo]] e o [[espermatozoide]] son excepcións). Nos mamíferos cada molécula de ADNmt circular de dobre cadea consta de 15.000-17.000 [[par de bases|pares de bases]]. As dúas cadeas do ADNmt diferéncianse polo seu contido de [[nucleótido]]s, e unha das cadeas, chamada cadea pesada, é rica en [[guanina]], e outra, a lixeira, é rica en [[citosina]]. A cadea pesada codifica 28 [[xene]]s, e a lixeira codifica 9, o que fai un total de 37 xenes. Deses 37 xenes, 13 codifican proteínas (polipéptidos), 22 codifican [[ARNt]] e 2 codifican o [[ARNr]] das subunidades maior e menor dos [[ribosoma]]s mitocondriais. Este modelo é o que presentan tamén a maioría dos animais, aínda que nalgúns casos un ou máis dos 37 xenes pode estar ausente e o tamaño do ADNmt pode ser meirande. As variacións en tamaño e contido de xenes son aínda maiores en [[Fungo (bioloxía)|fungo]]s e [[planta]]s, pero parece haber un conxunto básico de xenes que están presentes en todos os eucariotas (excepto aqueles poucos que non teñen mitocondrias en absoluto). Algunhas plantas teñen enormes ADNmt (de ata 2.500.000 pares de bases en cada molécula de ADNmt) pero, sorprendentemente, mesmo eses enormes ADNmt conteñen o mesmo número e tipo de xenes ca en plantas de especies emparentadas filoxeneticamente con ADNmt moito menor.<ref>{{cite journal |author=Ward BL, Anderson RS, Bendich AJ |title=The mitochondrial genome is large and variable in a family of plants (cucurbitaceae) |journal=Cell |volume=25 |issue=3 |pages=793–803 |year=1981 |month=September |pmid=6269758 |doi= 10.1016/0092-8674(81)90187-2|url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/0092-8674(81)90187-2 |accessdate=2010-08-09}}</ref>
 
O xenoma da mitocondria do [[cogombro]] (''Cucumis sativus'') consta de tres cromosomas circulares distintos totalmente ou case autónomos de lonxitudes de 1556, 84 e 45 quilobases.<ref name=Alverson2011>Alverson AJ, Rice DW, Dickinson S, Barry K, Palmer JD (2011) Origins and Recombination of the Bacterial-Sized Multichromosomal Mitochondrial Genome of Cucumber. Plant Cell </ref>
100.663

edicións