Aníbal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: ru:Ганнибал
m →‎Regreso a Cartago: Reino de Bitinia
Liña 46:
Captado o afecto do rei, pensou en coligalo con [[Filipo V]] de [[Macedonia]] e os cartaxineses para invadir Italia por segunda vez. Co propósito de informar aos seus amigos do plan, enviou un home a [[Cartago]]. Con todo, o plan foi descuberto e o seu emisario obrigado a fuxir mentres a República renovou as súas promesas de lealdade a [[Roma antiga|Roma]]. [[Cornelio Nepote]] acredita que tres anos logo da súa fuxida de Cartago, Aníbal achegouse con cinco barcos ás costas de [[Cirene]] para inducir aos cartaxineses á guerra contra Roma, pero que fracasado o seu proxecto, volveu a [[Siria]]. En [[-190|190 a.C.]], [[Antíoco]] é derrotado nunha batalla da desembocadura do [[río Eurymedon]].
 
Trala derrota de Antíoco en [[Sipilo]], Roma impuxo a entrega de Aníbal como condición para a firma da paz. Avisado por Antíoco, Aníbal fuxiu a [[Reino de Bitinia|Bitinia]] para poñerse baixo a protección de Prusias. Con todo, Roma conseguiu descubrir o destino do seu mortal inimigo, enviando unha embaixada da que formou parte Flaminio, para solicitar de [[Prusias]] a entrega de Aníbal.
 
Medorento da reacción que puidese causar en Roma unha negativa, pero sen querer faltar ao deber da hospitalidade, Prusias accedeu pero dicíndolles aos embaixadores que procedesen eles mesmos á súa captura, xa que non lles sería difícil atopar a súa morada. Atopárona e rodearon con soldados todas as saídas do castelo. Aníbal, decatándose de que non había escapatoria, tomou un veleno que sempre levaba no seu anel e pronunciou as súas últimas e soadas palabras ''Libremos a [[Roma antiga|Roma]] das súas inquietudes, xa que non sabe esperar a morte dun ancián (en Libysa Bitania)''. Ese mesmo ano, [[-186|186 a.C]] en Italia falecería tamén [[Publio Cornelio Escipión o Africano|Escipión]].
 
(1)O nome púnico de cidade nova, non se sabe se foi en recordo da antiga cidade ibérica: Mastia ou de Carthago, co mesmo nome e idéntico significado; os gregos traducírono en Kaine Polis, tamén Karthagedon (Karchedon), ás veces Karthagedon Nea; os romanos o romanizaron en Carthago Nova; o nome de Cartaxena vén a través do acusativo Chartaginem.
 
== Véxase tamén ==