Diferenzas entre revisións de «Deus Pai»

sen resumo de edición
 
Polo xeral, o nome ''Pai'' representa o papel de Deus como dador de vida, [[autoridade]], protector poderoso e, a miúdo, percebido como [[omnipotente]], [[omnisciente]] e [[omnipresente]], cun poder infinito e cunha [[caridade]] máis aló do entendemento humano.<ref>{{cita libro|autor=KIMBROUGH, Lawrence|ano=2006|título=Contemplating God the Father|publicación=B&H Publishing|id=ISBN 0805440836}}</ref> Por exemplo, logo de rematar o grande traballo da ''[[Summa Theologica]]'', [[Tomé de Aquino]] concluía que non comezara a comprender aínda a Deus Pai.<ref>{{cita libro|PETRISKO, Thomas W.|ano=2001|título=The Kingdom of Our Father|publicación=St. Andrew's Press|id=ISBN 1891903187}}</ref>
== Deus masculino ou feminino ==
[[File:Schnorr von Carolsfeld Bibel in Bildern 1860 001.png|thumb|200px|left|Imaxe de Deus Pai por [[Julius Schnorr von Carolsfeld|Julius Schnorr]], 1860.]]
 
Na maioría das tradicións e escritos das grandes relixións monoteístas, atribúense características masculinas a Deus. Na [[Biblia]] fálase directamente de Deus como termo masculino "Pai", tanto no [[Antigo Testamento|Antigo]] como no [[Novo Testamento]].
 
A miúdo defínese a Deus como un ser puramente [[espírito|espiritual]] e, xa que logo, sen sexo. Por exemplo, o [[Catecismo da Igrexa Católica]] no seu punto 239 declara que ''"Convém, então, lembrar que Deus transcende a distinção humana dos sexos. Não é homem nem mulher: é Deus."''<ref>[http://www.vatican.va/archive/cathechism_po/index_new/p1s2c1_198-421_po.html Catecismo da Igrexa Católica] {{pt}}</ref>
 
Tamén na Biblia pódense atopar imaxes femininas referentes a Deus. Aínda que nunca se chama a Deus ''"Nai"'', ás veces compáraselle cunha nai. Unha muller dando a luz ([[Libro de Isaías|Is 42,14]]), unha nai que non esquece aos seus fillos ([[Libro de Isaías|Is 49,15]]), que os conforta ([[Libro de Isaías|Is 66,12-13]]), unha nai que protexe a Israel ([[Libro de Isaías|Is 46,3-4]]), etc.
==Notas e referencias==
{{listaref|2}}
70.903

edicións