Diferenzas entre revisións de «Turbina a gas»

Desta forma, mesmo se tratando dun ciclo aberto, parte da enerxía proveniente da [[combustión]] é rexeitada so a forma de [[calor]], contido nos gases quentes de escape. O rexeitamento de calor é un límite [[física|físico]], intrínseco ao funcionamento de ciclos termodinámicos, mesmo nos casos ideais, como define a [[segunda lei da termodinámica]].
 
A perda de ciclo ideal pode ser cuantificada pola potencia proveniente do [[combustíbel]], descontándose a potencia de accionamento do [[compresor (máquina)|compresor]] e a [[potencia líquida]]. Así, diminúese a perda a medida que se reduce a temperatura de escape e se eleva a temperatura de entrada da turbina, o que fai da [[resistencia]], a altas temperaturas, das partes da turbina un punto extremamente crítico na tecnoloxía de construción destes equipamentos.
 
{{Turbomáquinas}}
13.126

edicións