Bomba hidráulica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución auto
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Unha '''bomba''' é unha [[máquina hidráulica]] xeradora que transforma a enerxía (xeralmente [[enerxía mecánica]]) coa que é accionada en [[enerxía hidráulica]] do [[fluído incompresíbel]] que move. O fluído incompresíbel pode ser [[líquido]] ou unha mestura de líquidos e sólidos como pode ser o formigón antes de fraguar ou a pasta de papel. Ao incrementar a [[enerxía]] do fluído, auméntase a súa presión, a súa velocidade ou a súa altura, todas elas relacionadas segundo o [[principio de Bernoulli]]. En xeral, unha bomba utilízase para incrementar a presión dun líquido engadindo enerxía ao sistema hidráulico, para mover o fluído dunha zona de menor presión ou altitude a outra de maior presión ou altitude.
 
Existe unha ambigüidade na utilización do termo '''bomba''', xa que xeralmente é utilizado para referirse ás [[máquina de fluído|máquinas de fluído]] que transfiren enerxía, ou ''bombean'' [[fluído incompresíbel|fluídos incompresíbeis]], e polo tanto non alteran a densidade do seu fluído de traballo, a diferenza doutras máquinas como o son os [[compresor (máquina)|compresores]]es, cuxo campo de aplicación é a [[pneumática]] e non a [[hidráulica]]. Pero tamén é común atopar o termo '''bomba''' para referirse a máquinas que ''bombean'' outro tipo de fluídos, así como o son as [[bomba sen carga|bombas sen carga]] ou as [[bomba de ar|bombas de ar]].
 
== Historia ==