Ciclo Brayton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: hu:Brayton–Joule-ciklus
Calq (conversa | contribucións)
Liña 6:
O ciclo Brayton é un ciclo ideal, utilizado hoxe en día para unha aproximación dos procesos térmicos que ocorren nas turbinas a gas, describindo variacións de [[estado físico da materia|estado]] ([[presión]] e [[temperatura]]) dos gases. O concepto é utilizado como base [[didáctica]] e para análise dos ciclos reais, que se desvían do modelo ideal, debido a limitacións tecnolóxicas e fenómenos de [[irreversibilidade]], como o [[atrito]].
[[Ficheiro:Ciclo Brayton.png|thumb|300px|<center>Diagrama Entalpia x Entropia de '''Ciclo Brayton''' (ideal) e ciclo real a gas.]]
O ciclo se constitúe de catro etapas. Primeiramente, o ar en condición ambiente pasa polo [[compresor (máquina)|compresor]], onde ocorre unha [[compresión]] [[proceso adiabático|adiabática]] e [[proceso isoentrópico|isentrópica]], con aumento de [[temperatura]] e consecuente aumento de [[entalpía]]. Comprimido, o ar é dirixido ás cámaras, onde se mestura co combustíbel posibilitando a [[queima]] e quecemento, á presión constante. Ao saír da cámara de combustión, os gases, á alta presión e temperatura, se expanden conforme pasan pola turbina, idealmente sen variación de [[entropía]]. Na medida en que o fluído exerce traballo sobre as palletas, redúcense a presión e temperatura dos gases, xerándose [[potencia]] mecánica. A potencia extraída a través do eixe da turbina é usada para accionar o compresor e eventualmente para accionar outra máquina. A cuarta etapa non ocorre fisicamente, se tratando dun [[ciclo termodinámico]] aberto. Conceptualmente, esta etapa representa a [[transferencia de calor]] do [[fluído]] para o ambiente.
 
Desta forma, mesmo se tratando dun ciclo aberto, parte da enerxía proveniente da [[combustión]] é rexeitada so a forma de [[calor]], contido nos gases quentes de escape. O rexeitamento de calor é un límite [[física|físico]], intrínseco ao funcionamento de ciclos termodinámicos, mesmo nos casos ideais, como define a [[Segunda Lei da Termodinámica]].