Ernesto Guerra da Cal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
Nacido en [[Ferrol]], tras a temperá morte do seu pai, a súa nai trasládase a [[Madrid]] para retomar os seus estudos na Escola Superior Normal, deixándoo a el e o seu irmán ao cargo da familia de [[Quiroga]], [[Lugo]], vila onde pasa a súa infancia e coa que conservará sempre unha fonda ligazón sentimental.
 
Cando conta con apenas 11 anos a súa nai obtén praza de mestra en [[Madrid]], e leva a ambos os fillos con ela. Ernesto vivirá na capital entre os once e os vinte e cinco anos. Nela cursa eo bacharelato e a carreira de Filosofía e Letras, ao tempo que comeza a desenvolver unha certa conciencia política que o leva a participar das protestas estudantís contra a ditadura de [[Miguel Primo de Rivera]], sendo detido varias veces. Tamén entra en contacto coa vida intelectual da capital, asistindo ás sesións do Ateneo e entrando en contacto con algunhas figuras destacadas. No ano [[1931]] coñece a [[Federico García Lorca]], persoa coa que vai ter unha grande amizade e coa que compartirá a ideoloxía republicana. Nos primeiros anos da [[Segunda República Española]], ambos acudirán xuntos a diversas tertulias da capital, tanto as da [[Casa de las Flores]], organizadas por [[Pablo Neruda]], como as do [[Café Regina]], de carácter galeguista. Guerra da Cal asistirá tamén á fundación de [[La barraca]], o grupo teatral de Lorca, e porá a este en relación con algúns intelectuais galegos, destacadamente con [[Eduardo Blanco Amor]]. A relación entre ambos está tamén no transfondo da composición do seu libro ''Seis poemas galegos'', do que Guerra da Cal actuaría como un dos incitadores e como puntual auxilio lingüístico.
 
Cando comeza a [[Guerra Civil española]], Ernesto vai combater do lado republicano formando parte das [[Milicias Gallegas]]. No [[1937]] aparece na revista ''[[Nova Galiza]]'', o seu poema ''Mariñeiro fusilado'', a súa primeira publicación literaria. En [[1939]], a derrota republicana sorpréndeo en [[Nova York]], cumprindo unha misión para o goberno da República. Ficará exiliado na cidade norteamericana, onde nos primeiros anos entra en contacto novamente con [[Castelao]] e outros exiliados.